¿QUE FAN @S MENORES NA REDE?


É a pregunta que diariamente se fan millóns de pais, nais e educador@s en todo o mundo. Vivimos nunha sociedade na que todo tipo de información está a dous “clic” de distancia: podemos conectar con persoas de calquera parte do mundo ou compartir as nosas experiencias con calquer interesado. Nenos e nenas, rapaces e rapazas de hoxe en día empregan Internet a diario para aprender, relacionarse con amigos e compañeiros, crear e mesturar contidos, xogar, entreterse… Isto ten moitas cousas positivas, pero tamén un lado escuro que como educador@s temos que saber recoñecer, e poder actuar cando os nosos menores topen con el.

Teléfonos móbiles, ordenadores e ata algunhas consolas de videoxogos permiten un acceso instantáneo e ilimitado a redes públicas, e moitos pais e nais están preocupados polo que podan facer os seus fillos neste mundo virtual. Protexelos non é doado, tendo en conta que cada día xorden novas formas de acceso.

Esta situación obríganos a ter unhas nocións básicas de como funciona Internet e aprender a establecer determinados filtros de seguridade. Deste xeito, evitaremos o acceso a páxinas perniciosas, bloquearemos anuncios non axeitados e reduciremos a posibilidade de que @s nen@s e adolescentes divulguen información persoal. Non podemos impedir que os nosos menores empreguen as novas tecnoloxías, pero si podemos asegurarnos de que aprendan a facelo coa debida precaución.

22166944188_525a206d98_z

Na mostra “¿Que fan os menores na rede?” recollemos unha selección de títulos que poden ser de gran axuda para todos eses pais, nais, educador@s e interesad@s en xeral que queren aprender a evitar riscos virtuais, ofrecendo a rede coma unha ferramenta útil que non represente un perigo para o menor. Aprender a navegar “con sentidiño” será un dos obxectivos da nosa biblioteca durante este último trimestre do ano.

Algunha das nosas propostas bibliográficas dentro desta mostra son:

  • O que fan os teus fillos en Internet (unha guía para pais). Leonardo Cervera. Integral, 2009.
  • Técnicas de hacker para pais: como controlar o que fai oi teu fillo por ordenador. Mar Monsoriu. Creaciones Copyright, 2007.
  • Manual imprescindible de redes sociais para a educación. Juan José de Haro. Anaya Multimedia, 2010.
  • Protexe ós teus fillos dos riscos de Internet e outras tecnoloxías. Juan F. Marcelo / Eva Martín. Anaya Multimedia, 2010.

galeria

Coma sempre, sen esquecernos dos máis pequenos:

  • O meu primeiro libro de informática. Francisco José Iglesias Sanz / Bruno Martínez Tabares. Everest, 2010.
  • Internet, ¡menuda rede! Françoise Virieux / Sébastien Chebret. Oniro, 2007.
Advertisements

Posted on Outubro 23, 2015, in mostras, SOS Pais and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: