READ & PLAY lecturas divertidas


Cartaz READ&PLAY

Libros durante o verán? Sen dúbida, unha excelente opción para manter as destrezas de lectura e a imaxinación ocupada durante o descanso escolar. Accións como xogar, crear ou simplemente comunicarse a partir dun conto, axúdannos a gozar da lectura e incorporala como un hábito na nosa rutina diaria.

Dende a Biblioteca Municipal Ágora presentámosvos Read & Play, unha proposta estival na que a diversión entre pequenos/as e maiores está garantida.

Un total de 35 títulos, clasificados por idade, cun contido ameno e textos variados, compoñen esta selección de libros que ten por finalidade fomentar o interese pola lectura.

Galería fotográfica da mostra e espazo “Read & Play”

Non é unha novidade que o verán e as vacacións ofrecen a oportunidade de traballar a lectura en familia e de entendela como unha actividade de desfrute e pracer. Unha boa idea é aproveitar as múltiples posibilidades que proporciona o periodo estival para lograr que nenos e nenas lean.

Tendo isto en conta, puxémonos mans á obra e deseñamos unha batería de recursos lúdicos/dinámicos para realizar na casa, durante unha saída ao campo ou mesmo na praia.

A creatividade (pintura), a intelixencia (lóxica matemática), o movemento (sendeirismo), o traballo das emocións e a arte culinaria (cociña) teñen un peso específico co obxectivo de facer a experiencia lectora moito más completa.

Pode un can-plátano descubrirnos hábitos saudables de alimentación? ou unha simple caixa de cartón estimular a imaxinación dos/as máis pequenos/as?… Tedes agallas para escapar dun monstro verde e peludo? ou preferides viaxar á prehistoria e xogar coas pedras?

5
Guía de lectura e recursos prácticos

Estes e outros recursos poderédelos atopar nas tarxetas que complementan cada unha das recomendacións. Materiais moi sinxelos (de uso diario) e outros máis complexos (que podedes solicitar no mostrador da biblioteca), son os ingredientes que precisades para mergullarvos no máxico mundo da lectura.

E para rematar, emprazarvos a visitar o espazo Read & Play”, levar en préstamo algúns dos materiais que temos á vosa disposición e desexarvos un… ENJOY THE HOLIDAYS!!

Advertisements

One thought on “READ & PLAY lecturas divertidas

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: