As Escolas Infantís enchen a Biblioteca Ágora


Sete escolas infantís (Parrulos Ventorrillo, Xénese, Bicos, Nazaret, Galiña Azul Ventorrillo, Agra do Orzán e Carme Cervigón Padre Rubinos) e máis de douscentos pequenos foron os protagonistas das nosas mañás do mes de maio na Biblioteca Ágora.

Ao longo de nove días compartimos co profesorado, as familias e parte do persoal das escolas da nosa contorna a idea que representa o programa de Bebescolas: chegar a todo o mundo e facer da Bebeteca un espazo equilibrador.

Compartindo a maleta viaxeira da Beba, Escola Infantil Xénese
Compartindo a maleta viaxeira da Beba, Escola Infantil Xénese

Para iso, e tendo como protagonistas aos contos, fomos quen de, cun lápis, vivir a experiencia do conto a través dun trazo, e foron os nenos e nenas quen guiaron a sesión imaxinando a historia que nós trasladabamos con música e mímica.

Cos pequenos de Padre Rubinos,  seguindo á protagonista do conto de Paula Bossio
Cos pequenos de Padre Rubinos, seguindo á protagonista do conto de Paula Bossio

Como diciamos no mes de febreiro, a escola xoga un papel prioritario no desenvolvemento da lectura. É por iso que foi unha alegría para nós ver que a complementariedade coa que se entendeu a colaboración entre escolas infantís e biblioteca deu os seus froitos.

Paula Bossio, nun mural con outro dos protagonistas do conto. Compartindo a maleta viaxeira co alumnado de Xénese

Paula Bossio, nun mural con outro dos protagonistas do conto. Compartindo o traballo en aula co alumnado de Xénese

Mais tamén nós recibimos sorpresas e agasallos. Dende a escola de recente apertura Padre Rubinos presentáronnos a súa mascota, o polbo Roque; os pequenos da Galiña Azul prepararon unha regadeira co seu nome para recibir á nosa mascota Beba e, desde a escola infantil Xénese ensináronnos a maleta que todos os pequenos levaron para a súa casa, presentando a bebeteca a través da nosa mascota entre as súas familias. Todas e cada unha das escolas participantes, ademais, agasalláronnos cos debuxos que os pequenos realizaron, seguindo a liña de imaxinación e creatividade na que se baseaba a sesión.

Portada do Lápiz, compartindo contos co alumnado da Galiña Azul do Ventorrillo

Portada do Lápiz, compartindo contos co alumnado da Galiña Azul do Ventorrillo

Finalmente, con este traballo día tras día confirmamos tamén que a nosa existencia como biblioteca de barrio ao servizo da comunidade xa non se entende sen a colaboración e traballo conxunto coas nosas escolas infantís. Queremos por iso agradecerlles, tanto ás que levan participando do programa dende o inicio como ás que co devir do tempo se foron sumando ao proxecto, a súa implicación e traballo a prol da promoción lectora.

E nada máis. Agardamos que a experiencia da participación neste programa tivera resultado proveitosa para cada un dos vosos pequen@s alumn@s e despedímonos lembrando que contamos con todas vós para o vindeiro curso.

Até pronto!!!

Advertisements

About evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Posted on Xuño 4, 2015, in 13 a 36 meses, Actividades and tagged , , , , , , , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: