Isto aquí remata!!! 10 anos de Os Nosos Contos


 

Os Nosos Contos_Sesión final 052

Onte,  xoves 28 de maio, foi a derradeira  Festa Final de Os Nosos Contos, vivimos momentos moi emotivos e de reencontro con compañeiras que estiveron en ONC e agora xa non están (Emma, Gema, Vero, Chus e Memé), entre todas quixemos facer un tributo ás familias que cada quince días, os xoves, veñen ás sesións de ONC sempre fieis á cita e así durante 10 anos!!!

Vivimos momentos moi emotivos e fixemos a última sesión con máis enerxia e gañas que nunca, por vós, o noso público habitual de ONC, merecedes eso e moito máis.

Durante estes 10 anos de ONC vimos medrar aos nosos nenos, hoxe moitos xa convertidos en adolescentes, temos na nosa retina as vosas caras (pais, nais, avós, avoas, nenas e nenos ) desfrutando cos contos que intrepretan Marta, Alba, Iván e Xiana.

Pero como dixemos onte, ONC rematan pero o vínculo afectivo que creamos entre todos nós prevalecerá por enriba deste programa. ONC chega a súa fin pero as persoas que o formamos non, nós os bibliotecarios do Forum seguiremos aí, na biblioteca, desexando vervos. Temos unha chea de contos para recomendarvos e, sobre todo, queremos seguir mantendo o vínculo que creamos.

ONC rematan pero empeza outra etapa con novos proxectos e ilusións onde vós estades presentes. Polo que esto no é una despedida, se non que vos dicimos:

Ata dentro dun anaco!!!

 Os Nosos Contos_Sesión final 042

Por último quixera facer unha mención especial para Marta, alma mater de ONC, pola súa labor incansable e chea de ilusión durante tantos anos, que leva facendo os ONC, polo que me vou tomar a liberdade en nome de toda a familia de ONC , de darlle as

 

 

   GRACIASSSSSSSSSSSS!!!!!!!!!!!!!!!!! Por todos estes anos de contos.

                                                       

varias-notas

Isto remataaa

Oh

Non vos esquezades

Vémonos na Biblioooo

Isto remata

Non falta a ilusión ohhh

Isto remataaaaa

 

varias-notas

 Moitas gracias por estar connosco durante estes 10 anos!!!!

Advertisements

Posted on Xuño 2, 2015, in + de 2 anos, Actividades and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Espectaculares…estés bibliotecarios!!!grazas por regalarnos tan bos momentos.Sodes unicos!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: