Story time na biblioteca de Ágora.


Un sábado ao mes, como ven sendo habitual, comeza o momento da historia no espazo da Bebeteca da biblioteca de Ágora, mais non falamos de historia universal, senón das historias narradas ou adaptadas específicamente para cada Bebencontro. Mais o pasado 25 de Abril foi relamente o “Story time”, e aproveitamos para achegar unha serie de historias breves, sinxelas e chamativas cunhas sonoridades non tan habituais…

CARTEL BEBENCONTRO STORY TIMEO feito de vivir -ter nacido ou non é o de menos- en Galiza fainos á maioría bilingües, senón completamente, polo menos no proceso de achegarse á comprensión e manexo de dúas linguas, algo que se presupón tendo nacido e estudado aquí. A adquisición de máis dun idioma é un proceso importante no desenvolvemento evolutivo dxs pequenxs non só polos beneficios que lle poida reportar nunha idade adulta – desde maior facilidade de atopar emprego a unha noción máis ampla e tolerante da realidade- senón polos propios beneficios que durante o seu crecemento e achegamento á percepción do mundo lles reporta. Estimular as zonas cerebrales que codifican a linguaxe é unha forma de axudar ao desenvolvemento da lateralidade nxs primeiros anos, estimulalas mediante diferentes idiomas é unha forma de axudar a reforzar as conexións neuronais e POST BEBENCONTRO 25.04 03mellorar a percepción do mundo que rodea e a organización dx pequenx no propio entorno.

Explicacións detalladas á marxe, a nosa intención como bibliotecarixs non era outra que trasnformar as sonoridades en fíos argumentais dunha historia sen narrativa, senón chea de imaxes tan cotiás como as partes do corpo ao movementos diarios como levantarse e sentarse. A finalidade? Perder o medo á introducción dun terceiro ou cuarto idioma na casa dende as primeiras idades POST BBENCONTRO 25.04 01tendo en conta sinxelas estratexias mediante as que facer o novo, habitual e as sonoridades novas, significantes concretos. Para eso empregamos a colección Two Little Libros e os títulos Body Parts, Move your Body e Jungle Animals, facendo un sinxelo exercicio de psicomotricidade sinalando as partes do corpo e movéndoas despois de decir cada parte ou acción en inglés. Con Jungle Animals, unha caixa con buratos valiu de escenario onde por sorpresa saían diferentes animais directamente saídos da xungla para saludarnos e presentarse en inglés.

Aproveitamos para lembrarvos que en todas as bibliotecas municipais atoparedes libros en idiomas para xs máis pequenxs cos que poderedes empregar estratexias diferentes para habiatualxs a diferentes linguas. Lembrade que o mundo está cheo de linguas diferentes, e as linguas son cultura, e as culturas riqueza, e pola nosa parte, esperamos que compartades este tesouro co/as vosxs pequenxs.

SELECCIÓN DE LIBROS BEBENCONTRO 25.04.2015

Advertisements

Posted on Maio 1, 2015, in Bebencontros Ágora and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: