Emocións de despedida no Bebencontro da Biblioteca Infantil e Xuvenil. 25 de abril


O sábado 25 de abril, tivemos na Biblioteca Infantil e Xuvenil a derradeira sesión de Bebeteca antes da festa concerto do 16 de maio. Xunto a Nico, Druso, Martina, Helena, Lúa, Pepe, Jaime, Miguel, Laura e as súas familias, achegámonos ó mundo das adiviñas e das partes da cara.

This slideshow requires JavaScript.

 

Mediante o conto ¿Qué esconde el pequeño Edu? xogamos cos ollos, o nariz, as orellas… para que os máis peques, posteriormente recoñeceran nas caras dos maiores a ledicia, a sorpresa, a tristura e outras emocións.

Estamos na etapa idónea  de aprender a nomear as emocións básicas, a captar os signos de expresión emocional dos demáis, interpretalas corretamente, asocialas con pensamentos que faciliten unha actuación adecuada, e a controlar as emocións que conleven consecuencias negativas. Podemos aproveitar calquer situación para  facer que os pícaros reparen nas emocións: cando se sintan contentos, tristes ou enfadados, dicíndollo explícitamente, animándolles a que presten atención ós xestos de cada emoción, ó que produce cada unha delas. Un paso máis adiante será, pois, orientalos cara ás emocións das outras persoas, para poder empatizar e ter sempre presente a súa importancia dentro das relacións sociais.

Aprenderlle ós rapaces e rapazas a controlar as súas emocións non é sinónimo de reprimilas. Os nosos pequechos teñen que aprender a expresalas segundo o momento, a situación, as persoas presentes… dende os primeiros intres do xogo compartido. É importante amosarlle o que significa compartir, respectar quendas, prestar xoguetes, non mostrarse agresivo, á par que aprendemos a saudar e despedirnos, pedir as cousas en lugar de sacalas das mans, etc. Todo isto será unha tarefa moito máis doada si lles lembramos todo aquilo que fan ben, proporcionámoslles expresións de cariño, brindámoslles un vocabulario relativo ás emocións para que poidan comunicalas, pintar con eles facianas que expresen alegría, enfado…

As compañeiras da Biblioteca do Fórum xa nos adiantaban cómo espertar ás emocións nun post anterior, e dende a Biblioteca Infantil tamén falamos noutra ocasión de Cómo potenciar a intelixencia emocional, no que tamén deixabamos recomendacións de libros sobre a temática que podedes consultar en calquer momento.

Pero desta volta queremos facer fincapé neses contos que a través da fantasía, das historias, os ritmos e a tenrura dos que os len, poden acompañar a través das emocións aos máis pequenos e ver transformado o seu desenvolvemento. Porque os contos son unha gran axuda na educación emocional. Esperamos que vos gusten, e que vos emocionen!

Hastag das recomendacións das Bibliotecas Municipais

 

Se queredes comprobar a súa dispoñibilidade podedes consultar o catálogo.

Acceso ao catálogo das Bibliotecas Municipais

E xa sabedes que se queredes ver máis fotos da sesión podedes entrar no Flickr das Bibliotecas municipais

Advertisements

Posted on Abril 29, 2015, in 13 a 24 meses, A bebeteca recomenda, Bebencontros Infantil e Xuvenil and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: