Magín Blanco. Bbencontro Os Rosales 14 de marzo.


O próximo sábado 14 de marzo ás 11h, gracias o programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, terá lugar un novo Bbencontro especial na Biblioteca Municipal Os Rosales. Unha vez máis achegaremos os máis pequenos e as súas familias á música en vivo e en directo.

Nesta ocasión o noso invitado é Magín Blanco:

Magín Blanco

Magín Blanco

“Magín Blanco, compositor, músico e escritor de “A nena e o Grilo”, “A nena e o Grilo nun barquiño”, “Gatuxo”… invítanos a deixarnos invadir polos contos que nacen da música das súas cancións. Partindo de aquí cada un poderá gozar ao seu xeito cos pequenos da casa. Uns cantarán, outros bailarán, outros escoitarán atentamente e outros sencillamente soñarán.
Magín Blanco vén do mundo do Pop Rock, non obstante, duns anos a esta parte estivo preparando cancións pensadas para todos os públicos. Son cancións pensadas para nenos, nenas, pais, nais, tíos, tías, avós, avóas… e para calquera con ganas de ter os oídos ben abertos a melodías alegres, letras positivas, ritmos que invitan a moverse e a bailar…”

Recordámosvos como podedes facer para inscribirvos:

Ás 10 horas da mañá do luns anterior á sesión habilitarase neste mesmo blog un formulario de preinscrición.

As persoas con praza serán contactadas desde a Biblioteca. Prazas limitadas

Estades todos invitados!

 

Advertisements

Posted on Marzo 6, 2015, in A bebeteca recomenda, Actividades, Bebencontros Os Rosales and tagged , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Boas!
    Gustaríame saber qué criterios seguides para darlle praza á xente nos BBencontros. Non entendo que haxa que apurarse cando se habilita o formulario, si a inscripción non asegura a plaza. De aí a miña curiosidade sobre a forma de adxudicar as plazas…
    Grazas

    • Bibliotecas Municipais da Coruña

      Boas, o criterio é estrictamente por orde de inscrición, o que indicamos de que a inscricion non asegura praza ben determinado porque tamen recollemos lista de agarda, polo que or formulario non se pecha automaticamente ao cubrir todas as prazas, ademais de que hai xente que se apunta a varias bibliotecas e temos que “filtrar” para facilitar a opción de acadar praza en alguna biblioteca.

      Se tes mais dubidas sobre o noso sistema de adxudicación, podes pasar polas nosas oficinas e amosaremoste os listados onde figuran as horas de chegada, con minutos e segundos.

  2. Menos mal que una persona ha preguntado….yo también estaba curiosa, yo era la primera vez que me apuntaba..el formulario de inscripción se habilitaba a las 10:00 y tenía apuntada a mi ahijada a las 10:06 y aún así recibí una mail después en el que constaba que no estaba admitida….me quedé un poco sorprendida ya que al no darme rechazada la inscripción y según la hora que la había hecho…daba por hecho que estuviese dentro, además solo la apunte a una biblioteca..pero será que se apunto muchísima gente en los cinco minutos anteriores.. 🙂

    • Bibliotecas Municipais da Coruña

      Non temos ningunha solicitude rexistrada con o teu correo de contacto. Se queres que che indiquemos exactamente canta xente tes diante, pasanos o mail co que fixeches a inscrición. Te adiantamos que ás 10.06 tiñamos xa 33 inscricións. E as entradas para a Bebeteca dos Rosales cubrironse enseguida, pero para a biblioteca Infantil e Xuvenil ás 11 horas ainda quedaban.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: