Non hai berce coma o colo nos Bebencontros de Ágora


O son da memoria, esta frase que serviu hai dez anos para denominar uns encontros no CCG vencellados á música, é un bo xeito de definir a sesión que tivemos o pasado sábado na bebeteca de Ágora.
A importancia da oralidade, da música e dos contos tradicionais musicados que tan ben nutren a nosa cultura antropolóxica constitúen o eixo arredor do que presentamos o noso particular “son da memoria”.

Arrolos de salitre

Como moi ben explicaron as compañeiras da Biblioteca Rosais nun post recente, a música é un dos mellores compañeiros de xogo, de lectura e, por suposto, de posta en valor do noso. Emprazámosvos a que lle botedes unha ollada a todos os contidos que alí aparecen recomendados porque, en certa medida, son os mesmos que nós estivemos a compartir: Dona Carme, Zapato e Violín da colección do Berce á lúa, Pan de millo, Gatuxo, etc.
O que si queriamos reseñar de xeito especial é a importancia da recuperación e posta en valor do mundo da literatura infantil de tradición oral na nosa terra e, sinaladamente, dos arrolos tradicionais da cultura galega.
Investigacións modernas a este respecto demostran que o efecto tranquilizador e sedante dos ruídos rítmicos e suaves nos bebés é debido á evocación do escorrer do sangue polos grandes vasos da nai, que durante nove meses os cativos tiveron tan perto dos seus oídos. O pulso dos cantos de berce achégase inconscientemente ao mesmo pulso do latexar do corazón humano, provocando así un efecto sedante.

Non hai berce coma o colo

A partir desta afirmación é que queremos destacar dous dos máis representativos cd´s de arrolos, recompilados por toda a xeografía galega e que axudan a rescatar, xa que logo, “das casas” o mundo. Digo isto lembrando ao antropólogo Michael D. Jackson na súa obra At home in the world, que tanto me recorda aos nosos berces de colo. No mundo coma na casa, confortablemente no mundo, é dicir, na casa e no mundo. A música, o fogar, os arrolos, como reafirmación do lugar ao que se pertence, nun mundo no que estamos integrados.

E neste caso serán dúas, como dicía, as recomendacións: Arrolos de Salitre, de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, con arrolos recollidos por exemplo en Bembibre (Val do Dubra) e que xa leva editado dende o 2010, e unha incorporación recente ao noso fondo da man de Magoia Bodega e Paulo Nogueira, que escasamente hai un mes presentaron “Non hai berce coma o colo”, con cantares de arrolo recollidos en Ribeira de Piquín, Cuñas, Bande, Verín ou Domaio.


Dende a Biblioteca Ágora non podemos máis que darvos as grazas por compartir unha sesión para nós ben especial, por espontánea e divertida, e convidarvos a desfrutar de todas e cada unha das nosas bebetecas.

Pero lembrade o máis importante: como di o arrolo, “Canta cando vogues, mellor cantar”.

Ata pronto!

Advertisements

About evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Posted on Xaneiro 29, 2015, in Bebencontros Ágora and tagged , , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: