Reparto de entradas para o bebencontro do 10 de Xaneiro na Biblioteca Fórum e Rosales


Os bebencontros desta semana son:

  • Para bebés de 0 a 12 meses

Sábado 10 de xaneiro, ás 18.30 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (6 prazas)

Sábado 10 de xaneiro, ás 11.00 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co seguinte tramo de idade)

  • Para bebés de 13 a 24 meses

Sábado 10 de xaneiro, ás 11.00 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co anterior tramo de idade)

Bebeteca do Forum metropolitano

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

PRAZAS ESGOTADAS 

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

Advertisements

Posted on Xaneiro 5, 2015, in 0 a 12 meses, Bebencontros Forum, Bebencontros Os Rosales and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Quiero asistir al bebecontro del 10 de enero en Los Rosales con mi hija de 17 meses.

    Date: Mon, 5 Jan 2015 09:01:05 +0000 To: pperezpas@hotmail.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: