Somos Laranxas na Biblio do Forum… (13-24 meses)


Portada laranxas

O pasado sábado disfrutamos do último Bebencontro do ano 2014 na Biblioteca Forum Metropolitano. Queremos agradecer a todos os bebés e as familias que durante todo este ano nos acompañaron nas Bebesesións e na Biblioteca a diario, facendo medrar a nosa gran familia.

Mario, Iago, Martina, Pablo, Noa e Berta, xunto as súas familias, estiveron moi atentos ao conto dos 3 porquiños

Tres Porquiños. Parécenos fermoso achegar os clásicos da literatura infantil aos máis pequenos, achegarlles unha adaptación lúdica e musical.

 

Tamén “adiviñamos” canto se queren Lebre Pequena e Mamá Lebre, por medio dunha inmensa edición do conto Adiviña canto te quero. Ilustrado marabillosamente por Anita Jeram e narrado de xeito exquisito por Sam McBratney.

adivina-cuanto-te-quiero

Atopamos outras versións adaptadas do conto, como por exemplo unha moi tenra para apertar, vola recomendamos.

adivina-cuanto-te-quieropara-abrazar_l

Recomendamos Beba

 

Podedes consultar unha pequena mostra fotográfica do Bebencontro pasado no Flickr das Bibliotecas Municipais.

Tamén vos convidamos a consultar o catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña para que vos sumerxades ao voso gusto nos temas que queirades.

Non nos queremos despedir sen vos desexar un VENTUREIRO 2015 desde as Bibliotecas Municipais da Coruña.

Advertisements

Posted on Decembro 31, 2014, in 13 a 24 meses, Bebencontros Forum and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: