Hervé Tullet e os contos interactivos


“Véxome como un neno grande, deses que teñen a cabeza nas nubes e que poden pasar horas entretidos cun lapis e un papel. Gozo experimentando, intentando, buscando, pensando e descubrindo… todo xunto”

Francés de nacemento e cun grande recoñecemento na École maternelle da súa país de orixe, achegámosvos, por segunda vez na nosa andadura, o “mundo” do premiado ilustrador Hervé Tullet.

Hervé Tullet Ágora

En permanente contacto co público miúdo e nutríndose das propostas e experiencias conxuntas, Tullet aposta por crear obras que leven a maneira de entender a lectura a outro nivel. Xogar, pensar, desfrutar, descubrir… son algúns dos conceptos que vos destacamos e sobre os que se fundamentan as súas obras e metodoloxías, converténdoo nun creador de ilusións, de mundos e de aprendizaxes.

Tullet e os contos interactivos

Un libro de hervé TulletOs contos interactivos son a especialidade de Tullet. A partires de sinxelas ilustracións crea divertidas historias nas que a participación directa do lector é fundamental. As páxinas conteñen infinidade de formas e cores que se mesturan co fin de alimentar a imaxinación e fomentar a creatividade dos máis pequenos. Un exemplo disto é a súa obra, mundialmente coñecida, Un Libro: puntiños, cores e palabras… pequenos contidos para facer un grande conto!

Pero esta non é a única proposta interactiva que nos fai Tullet. Sen ir máis lonxe, este sábado gozamos dunha visual e atractiva adaptación da historia Xogo de cores, título incluído na súa colección Imos Xogar! Unha sinxela proposta, xeradora de interactividade, chea de cores simples e con formas doadas de identificar…

Convidámosvos a que sigades visitando as nosas Bebetecas, gocedes con todos os contos interactivos que temos á vosa disposición e compartades a vosa experiencia lectora en torno a este tipo de materiais bibliográficos!

Advertisements

About natalialpz

Bibliotecaria LIX e Mestra esp. Educación Infantil. Positiva, creativa e soñadora.

Posted on Decembro 25, 2014, in + de 2 anos, 13 a 24 meses, Bebencontros Ágora and tagged , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: