Bebeteca Ágora, así nos ve a mocidade


isaac 2

Todos son benvidos”

Con estas palabras encabezaba un artigo hai uns anos Barbara J.Ford, a ex presidenta da Asociación de Bibliotecas Americanas e directora durante moitos anos do “Centro Mortenson” da Universidade de Illinois, especializado en fortalecer os lazos internacionais entre bibliotecarios.

Pois ben, dende a Biblioteca Ágora facemos nosas estas palabras e, como biblioteca pública con pretensións integradoras e de participación, aproveitamos o feedback que nos chega desde a Biblioteca Luísa Villalta do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, da man da súa profesora Charo Vázquez Mourín.           “Todos sodes benvidos”

3257E é que tras o seu paso pola biblioteca o pasado 16 de outubro, varios grupos de 3º da ESO do Díaz Pardo de Sada fixéronnos chegar algunhas crónicas de carácter xornalístico, onde abordaban aqueles aspectos que máis lles chamaran a atención do seu paso por aquí. E sabedes que espazo reseñaron nos seus traballos de forma maioritaria? A BEBETECA. 

16 outubro 021

“Nuestra opinión sobre la Bebeteca es que es un lugar acogedor y agradable. Este espacio es poco conocido, aunque está muy bien ambientado para los bebés.
Consideramos que se debería dar a conocer dado que es un espacio educativo y original”.

Ao poñermos en valor achegas coma estas tentamos visibilizar o traballo que desde moitos IES se fai na procura de que a mocidade coñeza todos os recursos e servizos que ten á súa disposición.

Ao tempo, queremos tamén reforzar, cara os mozos e mozas que nos visitan, a idea da biblioteca como un terceiro lugar”, un espazo público de encontro que acolle a todo tipo de persoas fóra dos ámbitos do fogar e o traballo.

Para nós, nese sentido, é motivo de orgullo que a mocidade considere a nosa bebeteca e, á biblioteca pública en xeral, como un espazo de valor para a comunidade á que serve.

Desde aquí grazas a tod@s, aos que nos visitades e participades “neste salón de actos da comunidade”, aos que todos os días vivides a biblioteca como unha experiencia social positiva e, especialmente, aos que axudades a facer disto “un espazo para todo o mundo”.

“Sempre sodes benvidos”

Advertisements

About evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Posted on Decembro 4, 2014, in Novas and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: