O collage impresionista de Eric Carle na Bebeteca Ágora


Reseña biográfica do autor, pola fundación CuatroGatos

Reseña biográfica do autor, pola fundación CuatroGatos

 

Un día estaba facendo buratiños cunha perforadora a unha chea de papeis, e ocorréuseme a idea dun verme de biblioteca“, así nacía “A pequena eiruga larpeira”, que consolidou a Eric Carle como un prestixioso autor e ilustrador a nivel internacional. Era o ano 1969 cando cobrou vida o pequeno verme, e malia o paso do tempo, segue a conservar a frescura coa que naceu.

Esta é a segunda vez que nos achegamos na Biblioteca Ágora, á figura do ilustrador americano de orixe alemá, para traballar con dous dos elementos protagonistas da súa obra: ARTE e NATUREZA.

A primeira das súas creacións no 1967 foi “Oso pardo, oso pardo que ves?”,  onde o autor lembra que grandes follas de papel, pinturas, pinceis e tesoiras, foron as protagonistas das ilustracións que nós fixemos aterrar o pasado sábado na Bebeteca Ágora .

Carle foi un innovador ao usar o troquel como un elemento clave dentro da historia, o que supuxo un extraordinario avance no formato tradicional nos libros para nenos. As súas ilustracións están realizadas coa técnica do collage, pinta papeis a man, con acrílicos e cores fortes, logo recorta, superpón, contrasta e crea así composicións estilizadas e provocativas.

bolboreta

Entre as súas principais inspiracións, a natureza e os momentos felices que compartíu con seu pai en longas camiñatas observando prantas e animais. Dende a nosa bebeteca, emprazámosvos a coñecer a figura deste ilustrador, a través dos moitos títulos que temos á vosa disposición nas Bibliotecas Municipais e, por suposto, desfrutade da arte e a creatividade nunha visita virtual ao seu museo en Amherst, Massachusetts.
http://www.carlemuseum.org/virtual-tour

E non esquezades que contamos  con tod@s vós no seguinte bebencontro de Ágora !!!

definitivo

 

 

Advertisements

About evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Posted on Novembro 27, 2014, in 13 a 24 meses, Bebencontros Ágora and tagged , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: