Fiando Letras: lectoescritura


Como resposta á numerosa demanda que os usuarios e usuarias manifestan habitualmente con respecto á letra fiada, a Biblioteca Municipal Ágora propón un espazo permanente adicado a unha parte importante dentro do sistema de aprendizaxe fundamentado na Lectoescritura infantil. Concebindo este tipo de grafía como un apartado destacable, aínda que non único dentro da aprendizaxe mediante as letras e a escritura, ábrese un espazo físico adicado a escolas, familias e nenos e nenas cunha metodoloxía baseada no mundo do conto e da literatura en xeral.

A letra fiada correspóndese coa segunda das etapas de aprendizaxe da lectoescritura. O paso da chamada letra de pau á letra fiada débese á maior comprensión da simboloxía do escrito e á maior axilidade mental do neno e da nena.

Post Foto BM Ágora

A afamada pedagoga María Montessori foi unha das precursoras deste sistema primordial cara unha caligrafía máis perfeccionada, que deixa entrever, entre outras cousas, aspectos que identifican parte da personalidade do neno e da nena.

Así pois e para rematar, cómpre destacar que o carácter lúdico da actividade atópase no encontro do conto e deste tipo de grafía infantil. É por iso que convidamos a escolas, familias e nenos e nenas a desfrutar desta ampla selección bibliográfica que ten como nexo común a letra fiada e a interiorización de cada unha das súas formas!

Advertisements

About natalialpz

Bibliotecaria LIX e Mestra esp. Educación Infantil. Positiva, creativa e soñadora.

Posted on Novembro 20, 2014, in + de 2 anos, Novas and tagged , , , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: