E o señor Coc abriunos as portas na Biblioteca Infantil


Ilustración do Señor Coc tras a porta da súa casa

Da man do Señor Coc comezamos o sábado pasado, 25 de outubro, unha nova andanza dos Bebencontros na Biblioteca municipal Infantil e Xuvenil. Con Martín, Ricardo, Noa, Miguel Anxo, Lía, Pablo, Simón, Vera e Nuno entramos na casa do señor Coc, descubrimos cada unha das súas estancias e o que nelas fai tódolos días.

Todos xuntos acompañámolo cun contiño de boas noites, o de Lúa, de Kalandraka para arroupalo mentres quedaba durmido.

 

 

This slideshow requires JavaScript.

E nós, coma tiñamos ganas de cantar, coñecimos algunha nana nova que atopamos nos libros da Biblioteca, durme, durme negriño, versionada polo grupo Golfiños no seu libro Té, chocolate, café, prestouse para os aloumiños, os sorrisos e para coller o ritmo doce e morno dos sons e as cores das ondas do mar.

Cuberta do libro Té, chocolate, café te chocolate cafe2

Así, relaxados, quedamos a descubrir moitos dos libros da Biblioteca que estaban preparadiños para nós. Poidémolos ver por riba, por baixo, de lado, por dentro, de pé, tumbados… Pero non sin antes despedirnos cun Aburiño ben marchoso que tamén descubrimos en Té, chocolate, café

 

Adeus, goodbye, ciao, aburiño

Adeus, au revoir, arrivederchi

Adeus, goodbye, ciao, aburiño

Adeus, goodbye, adeus, adeus

Adeus, adeus, adeus, adeus

Bicos ós meus, bicos ós teus

 Ata mais pronto, ata mais ver

 

E xa sabedes, calquer excusa é boa para achegarse ás Bibliotecas municipais ou mesmo dende a casa, a través do seu catálogo (se queredes descubrir os seus tesouros ou os que xa coñecemos na Bebeteca), dende Flickr (se o que vos gusta é ver tódalas fotos das sesións), ou o Facebook (para seguir tódalas novas e curiosidades).

catálogo        Ata pronto!   

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: