Somos multicores


O sábado pasado demos comezo os Bebencontros de 1-2 anos da Biblioteca Forum Metropolitano. Durante a a sesión “Somos Multicores”, Daniela, Martina, Mateo, Pablo A., Pablo L. e Pedro foron os protagonistas xunto aos contos, cancións, poesías e historias, conseguindo que desfrutásemos moito con todos eles.

FONDO CEO

Hoxe ímosvos falar das estimulacións sensoriais, concretamente da estimulación auditiva. Cremos moi importante que se estimulen todos os sentidos aos bebés desde que nacen. Por iso querémosvos recomendar unha serie de actividades para desenvolver cos vosos fillos:

1- Imite as vocalizacións do neno.
2- Poña as mans do neno na boca, garganta, peito, nariz e balbuza, cantaruxe ou emita sons vocálicos e consonánticos.
3- Faga sons de animais.
4- Arrole ao neno mentres lle canta cancións de berce.
5- Utilice instrumentos musicais (empezar cos máis suaves e progresar cara aos máis intensos).
6- Saúde sempre ao neno.
7-Aplauda e, coactivamente, faga que o neno imite a acción e o son.
8- Utilice xoguetes que produzan sons cando os movas.
9- Poña ao neno unha pulseira de cascabeis no pulso ou nos nocellos e incíteo a moverse.
10- Xogue ao cucú tras-tras.
11- Faga xogos de mans sinxelos que impliquen acción.
12- Cante cancións sinxelas que se acompañen de movemento.
13- Introduza materiais que fagan ruído. Por exemplo dobrar ou estrullar papel de celofán, papel de envolver, xornais, etc.
14- Coloquen móbiles xunto a unha ventá aberta.
15- Escoite distintos tipos de música.

Deixámosvos unha pequena mostra de como resultou a sesión na nosa galería fotográfica no Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

final post

Na Biblioteca estamos convencidas de que os contos fomentan o gosto pola lectura nos nenos. A lectura xunto aos papás favorece o vínculo pai/nai/fillo, fomenta a súa creatividade e imaxinación, enriquécese a súa linguaxe, desenrola a súa intelixencia e exercita a súa memoria… Polo tanto, ler é unha actividade que axuda ao desenrolo mental do seu fillo, polo que recomendamos que lle leades desde que nace.

Cando son moi pequenos, o importante é o ritmo, a música, polo que se decantarán polos poemas e rimas, aínda que non os entenda. Cando medran, mércalles libros adecuados a súa idade, dos que poidan tocar, mirar, con diferentes texturas e cores…

Recomendamos Beba

Baby play

Lembrade que podedes consultar os títulos de libros e os temas que queirades no catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña.

Advertisements

Posted on Outubro 22, 2014, in 13 a 24 meses, A bebeteca recomenda, Bebencontros Forum and tagged , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: