Nova tempada de Os Nosos Contos na Biblioteca Forum


Aniversario ONCNa Biblioteca Municipal do Forum Metropolitano estamos de aniversario. Os Nosos Contos, programa de animación lectora destinado a nenos e nenas de 2 a 6 anos, cumpre 10 anos.

Querémolo celebrar con todos vós, dende outubro ata maio na Sala Infantil os xoves cada 15 días, ás 18:15 h. onde pequenos e maiores tendes unha cita con Maelón, o camaleón mascota de Os Nosos Contos, e cos bibliotecari@s encabezados pola Gardiá de Contos.

Neste ano que comeza faremos un percorrido por todos aqueles contiños, contados de formas moi diversas, e que nos fixeron adetrarnos no marabilloso mundo da literatura infantil en familia. E, como vimos facendo dende hai xa dez anos, ao finalizar as sesións, a Gardiá dos Contos, recomendará contos e tamén novidades literarias recén chegadas á biblioteca, escollendo un deles para narrar pechando así a sesión.FF ONC

Lembrade tamén que, aló polo mes de maio, terá lugar a xa famosa Festa Final de Os Nosos Contos ao que todos e todas estades convidados.

Para poder asistir ás sesión de Os Nosos Contos non é preciso recoller entradada ou facer unha inscripción previa.

A entrada libre e gratuita ata completar aforo.

 Os Nosos Contos, 1º Bloque 2014-2015

Na nova tempada comezamos lembrando aqueles primeiros anos cando naceron Os Nosos Contos cun contiño que leva por título “Cuando yo era pequeña”  Jamie Lee Curtis e  ilustrado por Laura Cornell.

Cuando yo era pequeña
A nosa protagonista, unha nena de catro anos, preséntanos as súas memorias, nas cales describe todos os cambios que experimentou dende que era unha bebé.
Unha historia do pasado persoal que se vai deixando atrás día con día para dispoñerse a vivir con entusiasmo o futuro.

Agardamos por todos vos o vindeiro xoves 16 de outubro, ás 18:15h., na Biblioteca Forum Metropolitano, non esquezades que tendes unha cita coa lectura e os contos.

E se queredes ver como de ben o pasan o pequenos e maiores no contacontos  podedes ver a Galería Fotofráfica de Flickr de Os Nosos Contos.

Se estás a buscar algún dos libriños que van formar parte deste bloque de Os Nosos Contos, ou queres levar en préstamo unha  película ou disco podes mirar a súa dispoñibilidade no noso catálogo.

Advertisements

Posted on Outubro 8, 2014, in + de 2 anos, Actividades and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: