Bebés a escena


A oferta de actividades dirixidas a bebés vai en aumento na Coruña. Aos xa míticos bebencontros organizados nas bibliotecas para bebés de 0 a 24 meses, súmase de novo este ano a serie de espectáculos Bebescena, dirixido a bebés de 1 a 3 anos.

bebescena

Os espectáculos deron comezo o pasado 21 de setembro e terán lugar algúns domingos dos meses de outubro, novembro e decembro*. Todas as datas, prezos e lugares de venda de entradas están recollidas no folleto informativo.

*[ACTUALIZACIÓN DO DÍA 02/10/2014]

Whatsapp madrugador
Whatsapp madrugador

O que escribe recibe un whatsapp madrugador no que o advirten de 2 despistes. Desgranemos:

  1. despiste do que escribe: os espectáculos de BEBEscena prolónganse, según se reflicte no folleto, ata o mes de marzo. Hai 3 citas máis a partir de decembro: os domingos 25 de xaneiro, 08 de febreiro e 08 de marzo.
  2. despiste do folleto: na actualidade as Bibliotecas Municipais da Coruña non teñen 3 bebetecas, senón 4. A maiores da bebeteca da Biblioteca Ágora, Os Rosales e Fórum Metropolitano sumouse xa o ano pasado a da Biblioteca Infantil e Xuvenil, na rúa Durán Loriga. Se aínda non a coñeces o 25 de outubro terá o seu primeiro bebencontro desta tempada.
Árbores que rodean os Bebencontros da Biblioteca infantil e xuvenil
Árbores que rodean os Bebencontros da Biblioteca infantil e xuvenil

[FIN DA ACTUALIZACIÓN ;)]

A maiores do teatro, organízase tamén un obradoiro gratuíto ben interesante sobre alimentación: Aprender a comer xogando.

Igual que fixemos no post que escribimos o ano pasado, recomendámosvos que aproveitedes a visita ao Centro Ágora para achegarvos á bebeteca da Biblioteca Ágora. Veredes un espazo acolledor e especialmente deseñado para os máis pequenos, con materiais adaptados para estas idades. Nesta biblio comezarán cos bebencontros o próximo 25 de outubro.

bebencontro en Ágora

Esperámosvos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: