Zdĕnek Miler nos novos lotes de Ágora


Se falamos de Zdĕnek Miler,   é probable que de entrada non coñezamos a este autor europeo de mediados do século pasado, pero se dicimos “Mole” , de seguro que nos virá á cabeza a pequena toupiña que o creador checo deseñou alá polos anos 50 e que tivo un éxito parello ao de Mickey Mouse en todo o bloque oriental de Europa, no Xapón e mesmo en China e India.

Zdĕnek Miler creando no seu estudo

Zdĕnek Miler naceu na República Checa nos anos vinte do século pasado, perto de Praga, alí estudou na Escola Nacional Gráfica e na Facultadade de Artes e Oficios, o que o levou a traballar nun estudo de debuxos animados, especializándose na produción de cine e películas de animación. Ao longo da súa vida fixo perto de setenta películas, nas que case cincuenta, o protagonista era a súa máis famosa creación, a pequena toupiña KrteK, en checo.

Para dar a coñecer a figura deste autor, que recibíu a medalla ao Mérito Nacional en 2006, nutrir parte do novo repertorio de lotes que ofreceremos a partires de setembro na Biblioteca Ágora,  e con motivo das achegas que nos fixeron os nosos usuarios/as da Bebeteca Ágora, decidimos crear máis dunha ducia de novos lotes nos que incluímos + materiais en galego, + música, + audiovisual á vez que reformulamos algún contido existente.

Algúns dos títulos dos lotes

E dentro desas novas mochilas viaxeiras, irá a toupiña de Zdĕnek Miler da man da editora Patas de Peixe, libros de ducha en galego, e mesmo unha caixa de ferramentas para sorprenderse con texturas e formas. Aproveitamos para lembrar que todas as achegas que nos facedes sempre redundan en novidades/renovacións e, claro está, na satisfacción de todos. Esperamos que desfrutedes destes materiais e non dubidedes en achegarvos para coñecelos.

Para rematar, un pouco de música da que se inclúe nesta nova aposta de lotes na Bebeteca Ágora. Grazas a todas as persoas por ter participado coas súas aportacións.

Advertisements

About evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Posted on Agosto 22, 2014, in 0 a 12 meses, 13 a 24 meses, 13 a 36 meses, A bebeteca recomenda, Bebelotes, Novas and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: