Falamos? Escoitar ás familias para medrar con elas


Que a lectura de contos aos máis pequenos dende o seu nacemento é un xeito de estimular a adquisición da linguaxe e das capacidades comunicativas, é unha recomendación que como Bibliotecas con programas e espazos adicados aos bebés levamos facendo nos últimos anos.

O reforzamento deste consello, chegaba a finais do mes de xuño nun artigo publicado pola Academia Americana de Pediatría (APP) que sinalaba que a lectura con regularidade nos primeiros anos de vida estimulaba o cerebro e fortalecía a relación cos pais/nais nos momentos máis importantes do seu desenvolvemento.

Pero ademais da recomendación dos especialistas do ámbito médico de privilexiar a lectura nas idades temperás, é destacable que, neste caso, quen nos facía a achega era unha nai seguidora do blog da Bebeteca que descubría a nova nun xornal e decidía compartila con nós e facela extensible a todas as persoas interesadas na materia.

Untitled-1 copyAsí que aproveitamos para que como Natividad, todos vos sumedes a recomendar, achegar novidades, comentar e mesmo publicar nun futuro próximo. Retroalimentar para facer do blog unha ferramenta viva e dinámica.

Do mesmo xeito, convidámosvos e animámosvos a seguires visitando durante o periodo estival as nosas Bebetecas. Nelas, e co asesoramento do persoal bibliotecario, poderedes atoparvos cunha ampla variedade bibliográfica coa que fomentar o gusto pola lectura no fogar.

Preme na imaxe para acceder ás recomendacións de Beba

Contos sinxelos e atractivos, cheos de conceptos básicos e de vocabulario cercano ao mundo que rodea ao bebé, historias máis complexas coas que os pícaros desenvolverán a súa imaxinación e creatividade sentíndose participativos, ou contos onde poidan aportar experiencias propias e opinións.

Convidámosvos a que fagades uso destes materiais e non deixedes de gozar xuntos do máxico mundo da lectura!

Advertisements

About natalialpz

Bibliotecaria LIX e Mestra esp. Educación Infantil. Positiva, creativa e soñadora.

Posted on Xullo 4, 2014, in + de 2 anos, A bebeteca recomenda, Novas, SOS Pais and tagged , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: