Colorín, colorado


Un sábado máis e para finalizar un ano de Bebencontros na Biblioteca do Forum Metropolitano, contamos coa presenza de Carla, Inés, Sofía, Vera e Víctor xunto aos seus pais. Queremos agradecerlles que compartiran con nós unha tarde chea de música, poemas, contos e moitas cores, como as do arco da vella.

Comezamos a sesión compartindo fermosas palabras que nos fixeron pensar en branco, amarelo, verde, vermello, violeta e azul grazas o libro “Poemas de lunas y colores” de Carmen Martín Anguita

Houbo moitas sorpresas da man de tres personaxes que encheron a Bebeteca de palabras e cores.la-pequena-oruga-glotona-desplegable-gr_l

La pequeña oruga glotona” fixo as delicias dos máis pequenos. Non podían pechar os ollos  descubrindo o moito que unha pequena eiruga pode comer convertíndose, finalmente, nunha fermosa bolboreta de lindas cores.Maelón na Bebeteca

Da man de Maelón, protagonista de Os Nosos Contos, coñecimos a un fermoso camaleón “El camaleón Arco Iris“. León, que así se chama, andaba á procura da súa xoguetona e camuflada namorada, Amelí, invitándonos, deste xeito, a  facer un percorrido por todas as cores do arco da vella.el-camaleon-arcoiris_l

Finalmente os máis pequenos, e os non tan pequenos, desfrutamos aínda moito más das cores que fomos este ano coa axuda dun paracaídas co que nos construímos unha pequena casa. Sobre ela choveron moitos globos cheos de ilusións e sorrisos.

Fotos 341

 

Se queredes ver o moito que desfrutamos podedes consultar a nosa galería fotográfica no Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

A continuación vos deixamos unha pequena mostra de como foi a sesión.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Posted on Xuño 4, 2014, in 13 a 24 meses, Actividades, Bebencontros Forum and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Tarde llena de risas para el recuerdo 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: