Reparto de entradas para o Bebencontro do día 7 de xuño


Os bebencontros desta semana son:

  • Para bebés de 0 a 24 meses

Sábado 7 de junio, a las 18.30 horas, en la Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano  ” Especial sesión de clausura de los Bbencontros”

20 plazas disponibles para los tramos de edad de 0 a 24 meses

Clausuramos el programa de Bbencontros 2013-2014 con un espectáculo de Teatro para Bebés de 0-24 meses. Cuatro micro- sets , iluminados de cuatro maneras diferentes. Momentos teatrales con una única trama, el paso de la naturaleza por las cuatro estaciones, con los colores de cada una de ellas acompañadas con  música Vivaldi.

 

Vivaldia

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Unha vez que vós cubrades e enviedes todos os vosos datos é cando comeza o noso traballo: recibimos cada un dos vosos envíos no noso correo electrónico, vamos abrindo os correos, un a un, por rigurosa orde de entrada e pasando todos os datos a unha táboa excell que nos permitirá comprobar que estamos asignando as prazas na orde en que foron solicitadas. Nese momento será cando cada biblioteca se porá en contacto coas persoas que teñen invitación para o bebencontro. En resumo, cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

AS PRAZAS PARA A SESIÓN ESPECIAL DE CLAUSURA DOS BEBENCONTROS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO FORUM METROPOLITANO ESTÁN ESGOTADAS

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

Advertisements

Posted on Xuño 2, 2014, in 13 a 24 meses, Bebencontros Forum and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Buenos días,
    Mi hija tiene 3 años y medio. No sé si me podríais mandar la informaciòn respecto a su edad.
    Muchas gracias

    Enviado desde mi iPhone

    > El 02/06/2014, a las 10:01, “Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña” escribió:
    >
    >
    >

    • Bibliotecas Municipais da Coruña

      Ola Merce!

      Para rapaces de mais de 3 anos temos durante todo o curso escolar o programa Merendas con contos en todas as nosas bibliotecas, Os nosos Contos (na biblioteca do Forum) e Contos enCantos (na Biblioteca de Castrillon).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: