Medrando entre contos!


Hai xa oito meses que puxemos en marcha as sesións de promoción lectora dirixidas ao público miúdo: os BbEncontros!

Espazo Bebeteca ÁgoraAta entón, máis dun centenar de bebés entre os 4 e 24 meses, acompañados das súas respectivas familias, tiveron a oportunidade de coñecer o noso espazo, quitar os zapatos e tirarse no tapete de cores para viaxar, como se dunha alfombra máxica se tratara, polo marabilloso mundo dos contos e da lectura; un mundo máxico para o que seleccionamos contos sen páxinas, contos corporais, poesías, arrolos e música variada cun obxectivo claro: vincular aos bebés e familias á lectura utilizando a súa imaxinación.

Ao longo deste curso 2013/14 deseñamos un total de dezaseis BbEncontros, baseados nunha metodoloxía creativa e participativa e executados nun espazo cálido e afectivo: a nosa Bebeteca.

Empregamos a narración oral e a lectura de imaxes para descubrir o universo diario dos máis pequenos, homenaxeamos á literatura tradicional e á tradición oral galega a través da música, gozamos da estimulación visual fusionando cores, luces e sombras e destacamos as obras máis recoñecidas de grandes autores/as e ilustradores/as da Literatura Infantil.

Xogamos co movemento, cos xestos e coas palabras, e entre conto e conto puidemos amosarvos recursos, materiais e bibliografías específicas para achegar os libros aos máis pequenos da casa. Pero sobretodo gozamos cos sorrisos e coas miradas dos nosos verdadeiros protagonistas: os bebés!

Bebés BbEncontros Ágora

O sábado 24 de Maio, tivo lugar a derradeira sesión do primeiro ano de programación dos BbEncontros. Por este motivo preparamos unha actividade especial mesturando a grandes e pequenos, coa finalidade de gozar xuntos a través dunha divertida historia ilustrada da man de Paula Bossio “O LAPIS”. O resultado: un lápis xigante, unha caixa de trastos e por suposto… un conto para clausurar un ano cheo de encontros!

Clausura BbEncontro

ESPERÁMOSVOS O VINDEIRO MES DE OUTUBRO con novas e creativas sorpresas!!

Advertisements

About natalialpz

Bibliotecaria LIX e Mestra esp. Educación Infantil. Positiva, creativa e soñadora.

Posted on Maio 30, 2014, in 13 a 24 meses, Actividades, Bebencontros Ágora and tagged , , , , , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: