Vindicar letras no 17 de maio


Os 17 de maio estamos de festa. Pero como en todo festexo digno de seu, sempre hai un oco para a reivindicación.

E desde as bebetecas municipais, queremos facer unha chamada de atención pola escaseza de contos en lingua galega e de autores e autoras galegos cos que nos atopamos no traballo diario cos máis pequenos.

Por onde se agochan @s mellores creadores literarios na nosa lingua? Soñadores de letras, de imaxes, de ilusións…poetisas das formas, das cores… onde estades?

Desde aquí lembramos o que máis que desexo, é  necesidade: Queremos que vos acheguedes ás bibliotecas e alimentedes as ansias que ese prelectores teñen de atopar contiños no idioma no que os seus pais os arrolan cada día.

E.I. A Galiña Azul VentorrilloFOTOCOL EI Parrulos Ventorrillo

 Sabemos que estades aí, que o facedes ben, que supoñedes un acicate para todas as familias que demandan que os seus bebés poidan desfrutar da literatura, dos contos, das sorpresas, da música, das historias de todo aquilo que son, do galego que escoitan dende o berce.

Esperámosvos, contamos con vós…

E mentres, propoñémosvos escoitar unha fermosísima compilación de nanas musicadas por Alba Gutierrez, Guille Fernández e Xabier Díaz no disco Arrolos de Salitre,  que ademáis atoparedes á vosa disposición en todas as Bibliotecas Municipais da Coruña.

Pero cómpre nos esquecernos de varios clásicos dentro da creación en lingua galega. Na editorial Kalandraka,  unha interesante selección de contos da colección do Berce á Lúa: Lúa, Crocodilo, Paxariña de Papel, etc…  que a través de pictogramas poéticos constitúen un verdadeiro exemplo de poesía pictográfica.

Lembrando os xogos-rima baseados na tradición oral galega, as creacións de Antón Cortizas na Editorial Tambre : Este é o maimiño, Reirrei, etc…todos dispoñibles tamén na nosa rede de bibliotecas. Ou mesmo obras como Parece unha rosa e Cantiga do Mazarico, da colección Lúa Lueira de Espiral Maior , que tamén son bos exemplos cos que poder compartir lecturas en lingua galega cos nosos pequenos.

Crocodilo. KalandrakaEste é o maimiñoParece unha rosa

Con todo, se queredes afondar pola vosa conta en interesantes obras que se teñen publicado por autores e autoras galegos en lingua propia para o público infantil e xuvenil nos últimos anos, non dubides en consultar a páxina da BLIX , a Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil.

Nestas datas, non podemos deixar de convidarvos a participar en todas e cada unha das actividades que dende as Bibliotecas Municipais da Coruña se teñen organizado arredor do Día das Letras Galegas, este ano adicado ao poeta Díaz Castro, e por suposto, convidarvos a escoitar a música de berce que compuxo a profesora Sandra Tenreiro, do IES Díaz Castro  inspirada na obra do autor.

 

 Sandra TenreiroA nosa aportación como bibliotecari@s facémola poñéndolle voces a algunhas das poesías que Antonio García Teijeiro recada na súa obra “Aloumiños”. Dámoslle a man deste xeito a unha interesante proposta que dende o blog “Soñando Cuentos”, se fai para potenciar a literatura infantil e xuvenil a través dos audiocontos. https://soundcloud.com/bibcoruna/versos-letras-galegas-bbteca

 

Lectura textos poéticos

Para rematar e, como alternativa e complemento interesante a nivel musical no ámbito da lusofonía, convidámosvos á escoita do disco da brasileira Adriana Calcanhotto titulado “Adriana Partimpim”, que tendes dispoñible neste caso na Biblioteca Ágora.

E non dubidedes en pasar polo noso especial Fhotocall na Biblioteca Ágora, onde esperamos para fotografarvos coas frases que máis vos presten neste día das Letras!!!

Advertisements

About evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Posted on Maio 16, 2014, in A bebeteca recomenda, Novas and tagged , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: