Palma, Repalma: contacontos para bebés de 0 a 2 anos na biblioteca de Monte Alto.


pavispavosO próximo mércores 21 de maio, as 18:00 h, convidámosvos a un contacontos para nenos ata 2 anos: na biblioteca de Monte Alto, e da man de Pavís Pavós, faremos un percorrido polos mellores contos e historias da nosa tradición oral. Contos coma os de antes, dos que transmitían valores pero sen caer no didactismo, e afastándose de moralismos; contos que falan das diferenzas na sociedade, do racismo, da homofobia, das desigualdades. Historias que deixarán pegada en quen os escoite.

pavispavos4

Pavís Pavós é un grupo de conta-contos que traballa dende 1996 recuperando o xeito tradicional de narrar historias, investigando as versións orixinais dos devanditos contos así como as nosas adiviñas, refráns e xogos, para que non desaparezan.

Lembra que, para poder asistir, é imprescindible reservar praza a partir do mércores 14 de maio ás 9 da mañá; podes facelo no mostrador da biblioteca ou ben chamando por teléfono ó 981 18 43 82.  Mentres tanto, para ir abrindo o apetito, podes gozar do vídeo dunha das súas sesións.

Advertisements

About marta.rivadulla

Bibliotecaria, lectora empedernida, amante de la fotografía y soñadora de grandes viajes.

Posted on Maio 12, 2014, in Actividades and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: