Unha casa coas portas abertas.


Non é pouca a oferta infantil que na cidade da Coruña hai para xs pequenxs. Dende campamento urbáns a obradoiros de mil e unha temáticas. Todo eso pasando por nós mesmxs, as Bibliotecas Municipais, que formamos parte desa oferta con programas como Merendas con Contos ou o mellor coñecido precisamente neste blog, os Bebencontros. Á chea de actividades promovidas polos centros públicos hai que engadir interesantes propostas que collen sona ultimamente como o Dada Kindercafe, por poñer un exemplo.

A CASA TOMADA LOGOMais sen dúbida, unha proposta interesante á hora de abordar novos enfoques á vida cultural infantil da cidade é o que achega a xente que lle da vida á Casa Tomada. Oficialmente nada en 2013, tras moitos esforzos, A Casa Tomada representa un punto de inflexión na vida cultural da cidade. Se moitos teñen sido os proxectos como centros sociais, centros okupados, casas okupadas, etc, que na cidade viron a luz e duraron máis ou menos, A Casa Tomada recolle o testigo de establecerse como un “lugar onde vivir e crear experiencias dende a autoxestión” segundo elxs mesmxs.

Precisamente o carácter autoxestioado, o espazo alternativo e a organización horizontal, foron os detonantes para LOBO BOBOreseñar A Casa Tomada como lugar onde desfrutar en familia de diferentes propostas. Dende hai uns meses, entre as actividades infantís/familiares, podedes desfrutar da proposta de ioga en familia, ou de contacontos coma Na procura da canción perdida ou este domingo Lobo Bobo, da compañía Elefante Elegante.

Así que se queredes achegarvos a un enfoque diferente de programación, un lugar onde fomentar non só a cultura senón valores como a autoxestión, o faino ti mesmx e as actitudes colaborativas, non dubidedes en botar un ollo á rede e adentrarvos na vosa casa, na de todxs xs que queiran participar dela, A Casa Tomada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: