Hervé Tullet e a liberdade sensorial.


Xogar é un verbo. Nós non o sabemos ata que crecemos e comezamos a entender a linguaxe, toda esa estructura modal de comunicación que disque nos fai ser diferentes aos animales. O xogo, outra categoría gramatical, unha forma de achegarse ao mundo mediante estímulos non necesariamente comprensibles, senón sensoriais, eu vexo, eu escoito, eu sinto…

Lonxe da lingüística á que, como adultxs estamos suxeitxs, aínda quedan persoas que son quen de facer que a súa vida se desfaga de estímulos impostos, de interferencias, e comezar a, como decían na Bola de Cristal, desaprender. O xogo como sustantivo, xogar como verbo, carecen de sentido no momento mismo de ser xogados, porque nese momento non analizamos, senón que sentimos. Na Bebeteca de Ágora, o sábado pasado, coa axuda de Hervé Tullet, decidimos decantarnos por unha chamada do atávico, do noso córtex profundo onde nin sequera escribe leis a humanidade, senón que permanece ligado a aquelas referencias primarias de cando, como especie, aínda eramos libres.

Récemment-mis-à-jour

Juego de los colores

Hervé Tullet (Avranches, 1958) é un autor francés que nun momento da súa vida decidiu deixar de ser un creativo publicitario para deixarse levar pola creatividade en estado puro. Así foi como comezou a dar os seus primeiros pasos nun universo tan máxico como sensorial, tan instintivo como libre. Sen dúbida o libro que máis fama lle ten proporcionado e o famoso libro dos puntiños, Un Libro; mais despois de amosar que a maxia non se comprende senón que se sinte, adicou unha serie enteira á primeira palabra
Juego de sombras deste texto, xogar. Así compuxo máis dunha veintena de libros onde o protagonismo non é a oralidade de quen conta, nin o peso argumental das palabras impresas, senón as combinacións de diferentes formas, a creación de diferentes imaxes, a suxestión que producen as sombras, as luces, as cores… E por medio de Tullet e Juego de sombras e Juego de colores, pasamos un rato de sensacións visuais e emocionais, un chisquiño diferente ao habitual.

Con todo esto, o 7ª Bebencontro da Biblioteca Ágora converteuse nun lugar máxico onde as cores falaban de seus pais e celebraban a súa diversidade, un mundo no que as sombras facían intuir que estabamos a vivir unha aventura no noso xardín na busca dun misterioso son que nos chamara a atención. Pequenxs e menxs pequenos deixámonos levar pola estimulación visual e auditiva para crear as nosas propias historias, os nosos propios fíos argumentais mentales. E para rematar a nosa viaxe, paramos un intre e convertemos a biblioteca nun ceo aberto cheo de estrelas onde repousar as nosas cabezas e deixarnos levar pola luz que as iluminaba.

Non dubidedes en visitar a galería de fotos no Flickr e coñecer algo máis da obra de Tullet nas Bibliotecas Municipais. Ah!,e estade atentxs ao blog, porque para o 24 de Maio temos unha sesión moi especial no forno, onde pequenxs e maiores imos xuntar esforzos para despedir a Bebeteca da biblioteca Ágora por este ano. Esperámosvos!

Advertisements

Posted on Maio 3, 2014, in Bebencontros Ágora and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: