Pertiño, pertiño, …


O sábado pasado desfrutamos doutra sesión de Bebencontro de 1-2 anos na Biblioteca Forum Metropolitano. Antes de nada, queremos agradecer a Cristina, Enzo, Inés, Lúa, Nicolás, Xoel e ás súas familias a participación e a alegría que nos transmitiron.

Rosa y Trufo

Os tres porquiñosNesta ocasión fomos rosas e enchimos a Bebeteca desa cor recitando un poema sobre o conto de Rosa y Trufo e co conto dos Tres porquiños, rosas todos eles, achegamos aos máis pequenos ao mundo dos contos clásicos.

O poder da música vai máis alá das palabras. Estando en familia xenera un vínculo entre pais e fillos, rodeando ao neno de sensacións e sentimentos. Na Bebeteca, achegamos a música ás familias, non só con este fin, senón para “axudar” aos nenos a socializarse e compartir entre todos aprendizaxes, alimentando a súa imaxinación e creatividade.

En todas as sesións recibimos aos nenos cunha canción de benvida, onde cada un deles é protagonista. Tamén afianzamos conceptos a través da música, desta volta quixemos estar moi pertiño e moi lonxe coa canción La Ronda de los Conejos.

Se queredes soñar un pouquiño, sentádevos nun sillón,

abride un conto a modiño, que comeza a función.

Se queredes ver o moito que desfrutamos podedes consultar a nosa galería fotográfica no Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña. A continuación vos deixamos unha pequena mostra de como foi a sesión.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Posted on Abril 30, 2014, in 13 a 24 meses, 13 a 36 meses, Bebelotes, Bebencontros Forum and tagged , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: