Contos en Danza


Movement ÁgoraHoxe, día 29 de Abril, celébrase o Día Internacional da Danza! Establecido pola Unesco hai máis de trinta anos co obxectivo de atraer a atención sobre esta arte, son moitas as institucións, axentes sociais, organismos e particulares que adican parte do seu tempo ou da súa programación á difusión deste medio de expresión.

Con carácter participativo e divulgativo, as Bibliotecas Municipais inciden nun concepto amplo da Danza e da cultura, a través dunha filosofía que pretende achegar esta concepción de ambas ao público en xeral e a nenos e nenas con idades entre 0 a 6 anos en particular.

Importancia do movemento en idades temperás

O movemento constitúe un elemento indispensable no proceso de socialización dos máis pequenos. É ideal para estimular a aprendizaxe e contribúe ao seu desenvolvemento: potencia a forza muscular, o equilibrio, a coordinación e a confianza.

As personaxes dos contos cobran vida na Biblioteca Municipal Ágora

As personaxes dos contos cobran vida na Biblioteca Municipal Ágora

Algunhas propostas divertidas

Realizar sinxelos exercicios de estiramentos para mover brazos e pernas, explorar movementos corporais (balanceos, xiros…) e espaciais (saltos, galopes…), experimentar con actividades sensoriais empregando variedade de texturas e materiais, xogar con instrumentos de percusión ou bailar seguindo os diferentes ritmos músicais (vals, polca, rock and roll…) son algunhas das actividades que vos propoñemos para que o voso bebé, nun contexto amigable, interactúe co mundo que lle rodea, expresándose dun xeito divertido e agarimoso.

Exploramos cos contos e a imaxinación as posibilidades do movemento

Aproveitando a multitude de opcións que proporciona o conto como medio de expresión e de transmisión de contidos, presentámosvos os Contos vivenciados!

Mostra "Verbas que Danzan" na Biblioteca Municipal Ágora

Os contos vivenciados son historias narradas e participativas ademáis de divertidas. A súa esencia baséase no movemento, o cal se utiliza como un instrumento máis na educación integral do/a pequeno/a. O conto vivenciado transfórmase nunha estrutura esencial para a construción do pensamento, o xogo simbólico implícito nel é motivador e constitúese na ensamble para avanzar na aprendizaxe.

A continuación, achegámosvos unha pequena selección bibliográfica relacionada directamente coa danza e movemento que poderedes atopar nas nosas bibliotecas. Só tedes que escoller o que máis vos guste e adaptalo para gozar xuntos do voso conto vivenciado!

Contos en Danza

Son moitas as compañías profesionais de danza que programan espectáculos educativos dirixidos ao público miúdo. Durante trinta minutos, os/as pequenos/as desfrutan en vivo da maxia do ballet e da música.

Como exemplo achegámosvos o traballo que desenvolve o Northern Ballet (UK). Esta compañía adapta as historias dos contos tradicionais para que cobren vida a través do movemento coa fin de fomentar o gusto pola Danza desde idades temperás.

“E soprou, e soprou… e con tanto MOVEMENTO… a casa derrubou”

Advertisements

About natalialpz

Bibliotecaria LIX e Mestra esp. Educación Infantil. Positiva, creativa e soñadora.

Posted on Abril 29, 2014, in + de 2 anos, 13 a 24 meses, 13 a 36 meses, Novas and tagged , , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: