Reparto de entradas para os Bebencontros dos días 24 e 26 de abril


Os bebencontros desta semana son:

  • Para bebés de entre 0 e 12 meses

Sábado 26 de abril, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) COMPLETO

  • Para bebés de 13 a 24 meses

Xoves 24 de abril, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas) COMPLETO

Sábado 26 de abril, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas) COMPLETO

Sábado 26 de abril, ás 18.30 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (6 prazas) COMPLETO

IMG_6065

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Atenderemos todas as solicitudes por rigurosa orde de entrada. A biblioteca enviará por correo electrónico a confirmación de que tes a túa invitación ou de que estas en lista de agarda ao longo dos dous días seguintes a inscripción. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

Todos os bebencontros están completos. Recibiredes un correo electrónico informando se obtivestes praza ou quedastes en listaxe de espera.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

 

AVISO IMPORTANTE: hai un cambio no calendario de bebencontros, o do día 24 de maio da Biblioteca de Os Rosales, pásase para o vindeiro 3 de maio, polo que o próximo 28 de abril repartiremos neste blog ás 10.00 da mañá os convites.

Advertisements

Posted on Abril 21, 2014, in 13 a 24 meses, Bebencontros Ágora, Bebencontros Forum, Bebencontros Infantil e Xuvenil and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: