Un millón de fotos de bebés no teléfono móbil


E non estou esaxerando: fotos dos nenos durmindo, dos nenos mentres xogan, dos nenos comendo… Tamén fotos de cando están rindo ou cando están chorando. Fotos dos nenos disfrazados ou de cando van por primeira vez ao cole. Os nenos entusiasmados abrindo regalos… e un sinfín de momentos, especiais e cotiáns, que quedan gardados nas tarxetas de memoria dos nosos smartphones á espera de que un día, cargados de paciencia, seleccionemos os mellores para imprimilos e regalarllos aos dedicados avós e entregadas avoas.

Se vos pasa coma min, necesitades con relativa urxencia 2 cousas:

  1. aprender técnica fotográfica para mellorar os resultados. Para isto, en calquera das Bibliotecas Municipais atoparedes materiais que vos resultarán útiles: o recentísimo título Nuevas técnicas Scrapbooking de Martine Carlier, Curso de fotografía: principios, práctica y técnicas, una guía esencial de Eliot Siegel ou Cámaras digitales: técnicas y proyectos de fotografía digital de José Manuel Díaz son só algúns exemplos do que tedes á vosa disposición.
  2. imprimir as fotos en papel directamente desde o móbil de forma sinxela, cómoda e económica. Para isto só tedes que instalar a aplicación Paper Lover que, ademais, realiza o envío das fotografías que ti elixas nunha caixiña que podes personalizar para a persoa que ti queiras. Se tes un iPhone xa podes descargar a aplicación; se es de Android, tamén. vas ter que esperar un pouquiño máis porque aínda non está dispoñible.
Foto tomada de http://muymolon.wordpress.com
Foto tomada de http://muymolon.wordpress.com
Foto tomada de http://muymolon.wordpress.com
Foto tomada de http://muymolon.wordpress.com

 

 

 

 

 

 

 

A partir do minuto 01:50 podedes ver o sinxelo que resulta:

Dado que hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil o seu sería realizar algunha fotografía dos vosos nenos e nenas relacionada con este tema e compartila con nós: podedes subilas ao twitter e mencionarnos (@bibcoruna) ou etiquetarnos nunha publicación no facebook.

Que me dicides?

Advertisements

2 thoughts on “Un millón de fotos de bebés no teléfono móbil

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: