Pan de millo…tiro-liro!


Coa chegada da Primavera veunos o cheiro do prado e deunos en pensar na chea de cousas que de pequenxs desfrutabamos nas nosas casas, nas dxs nosxs avxs, correndo ou choutando polos prados ou entre os penedos, xogando ás agachadas nos faiados.  Saborear un pouco da imaxinería tradicional e achegar formas de desfrute en vías de extinción nos nosos días.

O sábado 22 de Marzo, a Bebeteca de Ágora encheuse de cheiro ao fresco do ar e de sons da terra. Empregando a música como fío, nesta 6ª sesión da Bbeteca, tentamos facer unha lembranza e homenaxe como merece á literatura tradicional e á tradición oral galega. Co apoio dunha escolma de títulos que podedes consultar premendo na foto de mais abaixo, e do libro-disco Pan de Millo, do grupo Migallas, achegamos un tradicional conto acomulativo onde pequenxs e maiores axudaron a intentar espertar a Dona Carme, que tiña unha chea de animales debaixo da cama donde ela durmía.

MATERIAIS PAN DE MILLO

Do mesmo xeito, achegamos un pouco de folklore tradicional luso da man da adaptación do famoso “Tiro liro” de Amalia Rodrigues por parte tamén do grupo Migallas.

Xa despois de tanto axetreo, e para cando peques e maiores estabamos xa cansos, un arrolo de salitre nos axudou recobrar a calma e prepararnos para un exercicio de percepción sensorial empregando espigas de millo en forma de caramelo.

Nunca un bbencontro cheirou tanto a Primavera como o sábado pasado onde celebramos o cambio das témporas cantando, bailando e descubrindo.

Advertisements

Posted on Marzo 28, 2014, in Bebencontros Ágora and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Que boa pinta ten este Bbencontro :O)
    Toda a música seleccionada é unha marabilla! Na casa disfrutamos moito con todos eses discos.

    Bicos e parabéns

  1. Pingback: Medrando entre contos! | Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: