Entradas para Contos enCantos o 3 de abril na Biblioteca Castrillón


Para facilitarvos a tarefa de conseguir as entradas para os contacontos dos máis pequenos, podedes reservar os convites para participar na actividade para nenos de 2 a 4 nos, Contos enCantos na Biblioteca Castrillón, a través deste blog, ou podes achegarte a calquera das Bibliotecas Municipais e alí axudaremosche  a inscribirte.

ImaxeLembra que esta actividade está dirixida a familias con cativos de 2 a 4 anos;  e as reservas das 20 prazas son para o contacontos que terá lugar o próximo xoves 3 de abril, ás 18:30h na Biblioteca Castrillón.

As sesións son totalmente gratuítas e, se ademais es socia ou socio das Bibliotecas Municipais, poderás levar en préstamo materias especialmente escollidos para esta actividade.  E se ainda non es socio/a,  podes cubrir a solicitude e recoller o carné pasados dous días.

Se queres participar, cubre os teus datos no seguinte formulario,  atenderemos as solicitudes por rigurosa orde de entrada e enviarémosche por correo electrónico a confirmación de que estás inscrito/a ou en listaxe de agarda nas próximas horas.

Unha vez que recibas a confirmación deberás pasar pola Biblioteca Castrillón ata a víspera da sesión (ata o mércores 2 de abril) para recoller o teu convite no mostrador da sala infantil.

E lembra que se non queres que a tua nena, o teu neno  ou ti mesmo,  saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para difundirmosn este e outros programas e servizos,  fáinolo saber na biblioteca.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo/a que os seus datos persoais poderán ser inocorporados a un  ficheiro do  Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita lei.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: