Vermello, vermellón… danos enerxía e poñémonos en acción


Unha tarde máis, na Sala Infantil da Biblioteca Forum Metropolitano, desfrutamos dun Bebencontro cos “nenos maiores” da Bebeteca. Inés, Manuel, Martín, Nemiña, Xan e Xiana, xunto cos seus pais, compartiron con nós contos, cancións, instrumentos e xogos nunha tarde chea de maxia, onde a cor vermella tivo especial protagonismo.

un-globo-vermello-G_01

 

Cun “Globo vermello” de Iela Mari, abrimos unha sesión que fixo voar a imaxinación dos máis pequenos aos “máis grandes”.

 

a que sabe portada.fh11

 

Moitos nos preguntamos, sobre todo cando un é cativo, a que sabe a lúa, e así os nenos que acudiron á sesión da Bebeteca atoparon a resposta da man duns animais moi inxeniosos que pudeiron chegar á lúa, uns enriba e outros debaixo, e probar un anaquiño. E sabedes o mellor, a cada un sóubelle ao que máis lle gustaba.

 

E  para finalizar unha boa tarde, todos xuntos con instrumentos musicais, acompañamos ao Sr. Martín e ó seu ratón, que vivía debaixo dun botón, a cantar a súa canción. Para que vexades o ben que o pasamos, deixámosvos unha pequena mostra fotográfica, que tamén podedes atopar no flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.

This slideshow requires JavaScript.

 

Advertisements

Posted on Marzo 24, 2014, in 13 a 24 meses, Bebencontros Forum and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Mmmmm! Vermello, que bonita cor! Vermello son os tomates, o sol á tarde e o nariz de papá cando ten mocos… Moitas grazas por unha tarde estupenda!

    • Moitas grazas a Xiana por ter vido á Bebeteca do Forum co seu pai e Mariña e desfrutar con nós dos contos, das cancións e alegrarnos a tarde co seu sorriso. Agardamos volvela ver na Biblioteca ou nalgunha vindeira sesión.
      Bicos e apertas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: