Mulleres coraxe: nais solteiras.


barriga

Dentro da programación especial que as Bibliotecas Municipais da Coruña dedicamos este ano ao Día Internacional da Muller, queremos destacar ás nosas mulleres coraxe, e hoxe e dende aquí queremos homenaxear ás nais solteiras en particular.

Debido a moitas e moi diferentes circunstancias, un gran número de mulleres na actualidade asumen a maternidade en solitario. Dende aquelas nais que non escollen selo sen unha parella ao seu lado, ata aquelas que, polo motivo que sexa, prefiren responsabilizarse en exclusiva da súa maternidade, hai tantas alternativas que é imposible enumeralas todas. Non obstante, teñen en común que adoitan enfrontarse a situacións similares ás que non sempre saben dar resposta: o esgotamento de sacar adiante e sen axuda un ou varios fillos, o risco de sobreprotexelos e/ou depender demasiado deles; ter que tomar decisións en solitario, asumir ela soa todas as tarefas que deberían estar repartidas entre dous (aínda que en moitos fogares con dous adultos isto tampouco adoita ser así…); a dependencia económica de pais ou outros familiares, que ademais adoita levar á perda de liberdade para tomar decisións, a falta de tempo para unha mesma, para as súas afeccións ou o seu descanso, etc.

E aínda que todas elas saben que tamén é unha tarefa chea de satisfaccións, podemos recordar que é bo pedir e aceptar axuda; tamén buscar información e apoio de grupos de mulleres na mesma situación; e preguntar por todo tipo de axudas oficiais das que se poida beneficiar a familia.

triptico nais solteras por eleccion

Nas bibliotecas municipais tamén temos unha gran variedade de documentos en torno a este tema da maternidade en solitario:

  • El oficio de ser madre: la construcción de la maternidad“, de Gemma Cánovas Sau.
  • La guía para la familia monoparental“, de Rachel Morris.
  • Ser madre soltera: si quieres, puedes“, de Alicia Mishari.
  • Cuentos para enseñar a tus hijos a entender el divorcio.” (Varios autores)
  • Hijos felices de padres separados.” de Remo H. Largo.
  • Cómo explicar el divorcio a los niños“, de Roberta Beyer.
  • Entre los dos: la educación compartida tras la separación” de Jill Burrett.
  • Y los niños… ¿qué?“, de Judith Wallerstein.
  • Padres solteros, separados y viudos“, de Marion Peterson.
  • Padres separados con hijos pequeños“, de Verónica Martín-Calero.

“Padres solteros, separados y viudos“, de Marion Peterson.    “El oficio de ser madre: la construcción de la maternidad“, de Gemma Cánovas Sau.    “Ser madre soltera: si quieres, puedes“, de Alicia Mishari.

E para os máis pequenos:

  • Todo doble, o cómo divorciarse con buen humor“, de Babette Cole.
  • Los conflictos de Ana“, de María Martínez Vendrell.
  • Mamá se ha enamorado“, de Jutta Boeck.
  • Félix está solo en el mundo“, de Ernst Volland.
  • Los padres de Sara se separan“, de Christian Lamblin.
  • Eu vivo en dúas casas“, de Miren Agur Meabe.
  • Los fines de semana veo a papá“, de Martina Baumbach.
  • Cuando mis padres dejaron de ser amigos“, de Jennifer Moore-Mallinos.
  • Vivo en dos casas ¿y qué?“, de Miren Agur Meabe.
  • El pájaro negro“, de Suzy Lee.
  • Días sin cole“, de Juliet Pomés Leiz.
  • Como antes“, de Ana Tortosa.
  • Príncipe de dos palacios“, de Carla Balzaretti.
  • Teño dúas casas“, de Cristina Justo.
  • Te quiero, niña bonita“, de Rose Lewis.

“Los fines de semana veo a papá“, de Martina Baumbach.     “Cuando mis padres dejaron de ser amigos“, de Jennifer Moore-Mallinos.  “Te quiero, niña bonita“, de Rose Lewis.  “Teño dúas casas“, de Cristina Justo.

E se queredes investigar mais, na rede hai unha morea de blogs de nais e futuras nais que comparten as suas inquedanzas e vivencias persoais:

Advertisements

About marta.rivadulla

Bibliotecaria, lectora empedernida, amante de la fotografía y soñadora de grandes viajes.

Posted on Marzo 5, 2014, in SOS Pais and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: