Homenaxe a Mª Elena Walsh na Bebeteca Ágora


Mª Elena Walsh, artista revolucionaria arxentina, emblema na literatura e canción infantil a nivel internacional, referente para o colectivo homosexual e feminista, muller cunha vida e obra que foron un todo nun momento de grandes transformacións sociais, políticas e culturais dos anos 60 e 70 do século XX.

Esta escritora, poetisa e compositora arxentina, aterrou esta fin de semana na Biblioteca Ágora. Fíxoo da man do “Reino do Revés“, unha canción clásica da autora que dende a Bebeteca Ágora adaptamos convertíndoa no “Mundo do revés” e que foi o fío condutor dunha sesión cargada de música e espectáculo.

O reino do revés na Bebeteca Ágora

Achegarvos a unha revolucionaria na maneira de entender poesía e infancia, foi todo un pracer para nós. O mundo do revés e a canción da vacina do Bruxiño de Gulubú, foron quen de facer ver o xeito en que Walsh entendía as creacións para os máis pequenos. Para a autora, os nenos e nenas eran seres completos, non proxectos de seres humanos. E do mesmo xeito, dirixíase aos adultos apelando ao fondo de infancia que todos posuímos. Aí radica parte do seu éxito e da súa concepción revolucionaria de entender a literatura infantil.

Son moitas as obras infantís que esta prolífica artista deixou ao longo de anos de creación, non dubidedes en consultar as  obras que  desta autora dispoñemos por exemplo, na Biblioteca Ágora.

Por outra banda, e para interesadas/os en afondar na vida e obra desta poeta e cantante arxentina, recomendamos un microprograma pertencente á serie Memoria Iluminada producida por Virna Molina e Ernesto Ardito, do ano 2012, onde estes documentalistas arxentinos, con máis de 28 premios internacionais, realizan un ciclo de biografías de artistas revolucionarios/as, entre os que se atopa Mª Elena Walsh.

Aquí deixamos unha mostra da serie, pero para quen dispoña de tempo, xa existe unha versión de longametraxe que se pode ver e descargar dende virnayernesto.com.ar.

Advertisements

About evavieites

Bibliotecaria. Creo na biblioteca como unha experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para tod@s.

Posted on Febreiro 24, 2014, in 13 a 24 meses, Bebencontros Ágora and tagged , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: