A tarefa de escoller libros. Bbencontro Os Rosales 15 febreiro


O amor polos libros e a lectura é un hábito que podemos fomentar dende os primeiros momentos da vida dos nosos nenos. A familia, como mediadora, é importante que opte por libros que lles gusten e se esmere na selección. Existen diferentes tipos de libros destinados aos nenos prelectores e que podedes atopar nas bibliotecas:

Álbums ilustrados nos que a forza narrativa reside principalmente nas imaxes. Estes libros axudan aos máis pequenos a desenvolver o seu gusto estético, a súa imaxinación e a súa creatividade.

Imaxinarios, son libros que permiten múltiples lecturas, nas que a historia se constrúe de forma diferente a partir das imaxes. Imaxes sen conexión entre si para mirar, nomear e xogar.

Libros informativos que lles axudan a explorar e descubrir o mundo que os rodea.

Libros con rimas, cancións, repeticións, con pequenos xogos de palabras que provocan unha participación activa dos nenos.

Contos populares ou tradicionais, que exercen un encanto nos que os escoitan ou len que perdura toda a vida.

Contos con sorpresa, que ofrecen a posibilidade de xogar, buscar e desenvolver o pracer estético.

Nós, os bibliotecarios, sabemos que ás veces a tarefa de escoller libros pódevos resultar un pouco díficil e por iso nas bibliotecas dámoslle un valor engadido a  unha boa organización e señalización axeitada.

Estas son as imaxes utilizadas nas Bibliotecas Municipais para sinalizar os diferentes tipos de libros:

This slideshow requires JavaScript.

Libros para ver

As mellores historias para explorar, descubrir e relacionarse de forma persoal cos contos.

Contos para contar

Historias que necesitan ser guiadas por un adulto e mostran a maxia das situacións e os personaxes.

Libros con música

Poemas, cancións, rimas, contos acumulativos, ou repeticións. Descobren aos pequenos a sonoridade do linguaxe.

O mundo que me rodea

Libros para asomarse ao mundo e coñecelo de cerca. Recomendados para os nenos máis curiosos, que nos invitan a falar.

Libros con sorpresa

Libros que nos permiten xogar, buscar, atopar e desenrolar o gusto estético.

Para ver fotos do Bbencontro pincha aquí

Vémonos no próximo Bbencontro!!

Advertisements

Posted on Febreiro 20, 2014, in 13 a 24 meses, 13 a 36 meses, A bebeteca recomenda, Actividades, Bebencontros Os Rosales and tagged , , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: