Reparto de entradas para o Bebencontro do 8 de febreiro


Os bebencontros desta semana son:

  • Para bebés de 0 a 12 meses

Sábado 08 de febreiro, ás 18.30 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (6 prazas)

bebeteca

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Unha vez que vós cubrades e enviedes todos os vosos datos é cando comeza o noso traballo: recibimos cada un dos vosos envíos no noso correo electrónico, vamos abrindo os correos, un a un, por rigurosa orde de entrada e pasando todos os datos a unha táboa excell que nos permitirá comprobar que estamos asignando as prazas na orde en que foron solicitadas. Nese momento será cando cada biblioteca se porá en contacto coas persoas que teñen invitación para o bebencontro. En resumo, cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

POST EDITADO: Xa non quedan prazas para este bebencontro. As persoas que obtiveron praza recibirán un correo ao largo desta mañá.

 

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

Advertisements

Posted on Febreiro 3, 2014, in Bebencontros Forum and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: