O mundo de Eric Carle


Unha noite, á luz da lúa chea, atopouse un ovo enriba dunha folla verde. Nada máis saír o sol… PLOP!!! do ovo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira…

Na Bbteca Ágora comezamos un novo ciclo! Deixamos atrás a Jo Lodge e ao seu Señor Coc para desfrutar con novas e emocionantes aventuras da man doutros recoñecidos autores e ilustradores da Literatura Infantil.

Dezanove bebés, acompañados das súas respectivas familias, percorreron moitos quilómetros cun único obxectivo: coñecer a Eric Carle e gozar coas súas personaxes!

Un oso pardo e unha eiruga moi larpeira foron os elementos motivadores elixidos para guiar a trama da sesión, creando unha simbiose de arte e natureza que tiveron como nexo de unión a lectura de imaxes.

Imaxes Sesión (2)

Recoñecemos, identificamos e imaxinamos

Imaxes SesiónCo obxectivo de estimular a atención dos bebés, plantexamos un xogo rítmico de luces e sombras. Sinxelas ilustracións, nas que predominaron os fondos brancos, servíronnos para que os bebés e as súas familias recoñeceran, identificaran e imaxinaran ser cada un dos animais que Eric Carle ilustrou no seu conto Oso pardo, oso pardo … que ves?Imaxes Sesión (1)

Ao ritmo de Dave Brubeck e da banda británica The Cure, fixemos un percorrido polos días da semana e degustamos xunto a unha pequena eiruga, un amplo surtido de froitas e outros manxares larpeiros! A nosa finalidade? ter un primeiro achegamento ao ciclo vital dunha eiruga: dende que sae do ovo ata que se converte nunha fermosa bolboreta.

 … construiu unha casiña ao seu redor e ficou dentro máis de dúas semanas. Un día mordeu a súa casiña e saíu voando… convertérase nunha FERMOSA BOLBORETA!!

Fotos

Pinchade nesta foto se queredes saber máis de Eric Carle

Estas e outras imaxes podedes consultalas no Flickr das Bibliotecas Municipais!

Esperámosvos o vindeiro mes de Febreiro con novas e sorprendentes aventuras!!

Advertisements

About natalialpz

Bibliotecaria LIX e Mestra esp. Educación Infantil. Positiva, creativa e soñadora.

Posted on Xaneiro 29, 2014, in 13 a 24 meses, Actividades, Bebencontros Ágora and tagged , , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: