Reparto de entradas para os Bebencontros do 23 e 25 de xaneiro


Os bebencontros desta semana son:

  • Para bebés de entre 0 e 12 meses

Xoves 23 de xaneiro, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas)

Sábado 25 de xaneiro, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas)

Sábado 25 de xaneiro, ás 11 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co seguinte tramo de idade)

  • Para bebés de 13 a 24 meses

Sábado 25 de xaneiro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas)

Sábado 25 de xaneiro, ás 18.30 horas, na Biblioteca Municipal Forum (6 prazas)

Sábado 25 de xaneiro, ás 11 horas, na Biblioteca Municipal Os Rosales (15 prazas, compartidas co seguinte tramo de idade)

IMG_6083

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Atenderemos todas as solicitudes por rigurosa orde de entrada. A biblioteca enviará por correo electrónico a confirmación de que tes a túa invitación ou de que estas en lista de agarda ao longo dos dous días seguintes a inscripción. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

POST EDITADO: as prazas están cubertas para todos os bebencontros. Enviaremos, estes días un correo comunicándovos se obtivestes praza ou, pola contra, quedastes na listaxe de espera

Advertisements

Posted on Xaneiro 20, 2014, in 13 a 24 meses, Bebencontros Ágora, Bebencontros Forum, Bebencontros Infantil e Xuvenil, Bebencontros Os Rosales and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: