Contos enCantos na Biblioteca Castrillón


caperucita

 Esta preciosa imaxe da Carapuchiña Vermella (Silvia Gándara) representa a nova actividade que estamos levando a cabo na Biblioteca Municipal de Castrillón e da que hoxe vos presentamos o calendario das próximas sesións. Contos enCantos é un contacontos dirixido a cativos/as de 2 a 4 anos.

Reparto de invitacións

As entradas repartiranse os xoves anterior á sesión nun formulario que se habilitará neste blog a partir das 10:00 horas.
Se queres participar, cubre os teus datos, atenderemos as solicitudes por orde de entrada e enviarémosche por correo electrónico a confirmación de que estás inscrito/a ou en listaxe de agarda.

Unha vez que recibas a confirmación deberás pasar pola bilioteca ata a víspera da sesión para recoller o teu convite no mostrador da sala infantil.

calendario

Durante estas sesións, facilitamos un primeiro achegamento, sosegado e pracenteiro, das familias cos seus nenos/as e axudámoslles a descubriren os recursos e espazos da Biblioteca para así desfrutaren dela desde pequenos. Descubriremos unha gran variedade de contos, música, xogos, ritmos, personaxes, etc. e viviremos momentos máxicos de lecturas compartidas gozando das palabras e dos sons.

Os recursos utilizados durante esta actividade están dispoñibles nas Bibliotecas Municipais e pódense levar en préstamo.

Estes son algúns dos materiais que utilizamos.

tralari tres porquiños estrella gina lua ola ola tic tac todo el mundo va

É preciso resaltar que os pais/nais sodes unha peza clave nesta actividade, pois participades, desfrutades, apoiádesnos e, sobre todo, estades cos vosos nenos e nenas, co que conseguides así que para eles sexa un momento máxico de diversión e de tenrura.

 

Advertisements

Posted on Xaneiro 8, 2014, in + de 2 anos, Actividades and tagged , , , . Bookmark the permalink. 9 Comentarios.

  1. Moitas grazas por contar con actividades para os nenos de mais de dous anos,estaban en terra de ninguen… pero será posible que o reparto de entradas se faga tamen por mail ou telefono? Pensade nas persoas con movilidade reducida ou que traballan os sabados pola maña como é meu caso, nestos tempos tan modernos obrigar a alguen a ter que pedir un favor aos avos (cando haxa avos…) para recoller unha entrada que se pode reservar po internet….

  1. Pingback: Os Nosos Contos: contacontos para nenos de 2 a 6 anos | Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña

  2. Pingback: Reserva de entradas para o contacontos de 2 a 4 anos Contos enCantos na Biblioteca Castrillón | Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña

  3. Pingback: Entradas para Contos enCantos o 20 de febreiro na Biblioteca Castrillón | Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña

  4. Pingback: Entradas para Contos enCantos o 6 de marzo na Biblioteca Castrillón | Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña

  5. Pingback: Entradas para Contos enCantos o 20 de marzo na Biblioteca Castrillón | Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña

  6. Pingback: Entradas para Contos enCantos o 3 de abril na Biblioteca Castrillón | Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña

  7. Pingback: Entradas para Contos enCantos o 8 de maio na Biblioteca Castrillón | Bebetecas Bibliotecas Municipais da Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: