Fiu, boing, plas!: Bbencontro 21 Decembro Biblioteca de Ágora


Nada mellor para o fresquiño que moverse para entrar en calor, e así foi como o pasado sábado o Señor Coc fixo de anfitrión na Biblioteca de Ágora con dúas sesións de movemento, música e rutinas na máis pura tradición de Eva Nasarre.

MUEVAS SR.COC

Xa falando máis en serio, xs 19 pequenxs que asistiron a ás dúas sesións de Bbencontro do sábado 21, ficaron abraiadxs e sorrintes grazas a

COCODRILO 1Muévase, señor Coc! (Jo Lodge. Edelvives, 2011), un conto para disfrutar en movemento e con música de fondo. Seguindo os movementos do crocodilo Coc, nais, pais e pequenxs contorneáronse coma vermes, pisaron coma elefantes, axitaron os brazos coma paxaros e incloso trabaron coma crocodilos! E por esto de continuar cos crocodilos e para axudar a durmir ao Sr. Coc despois de tanta excitación e exercicio, nada mellor que Cocodrilo (Antonio Rubio e Óscar Villán. Kalandraka, 2005), un conto con ritmo, que axuda a memorizar as cores por repetición.

BB 080

E así, entre conto e conto, chimpo e chimpo e historias varias, pasou un sábado de Bbencontro movido, rimado e bailado, e sobretodo compartido. E se queredes ver algunha das instantáneas do momento, non dubidedes en entrar no Flickr das Municipais e desfrutar do ambiente que se creou!

Advertisements

Posted on Decembro 27, 2013, in Bebencontros Ágora and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: