De novo…Katarsis na biblioteca de Ágora: Obradoiros de lectura para bebés


Se facedes un pouco de memoria, hai xa case un par de meses que inauguramos a bebeteca de Ágora coa visita da compañía Katarsis, que viu facernos pasar un moi bo rato co seu espectáculo Pacama.

Pois ben, despois da súa viaxe polo continente americano, o día 14 de Decembro estarán de volta con nós, pero esta vez para conducir uns obradoiros moi especiales nos que achegarán a lectura a bebés de 0 a 24 meses.

Bbeteca Agora: os bebés descubrindo os libros

Os obradoiros de lectura para bebés teñen como obxectivo guiar ás familias na súa interacción cxs pequenxs empregando o libro como medio de achegamento. O xogo conformará o eixo das dinámicas e da experiencia lectora facilitando o descubrimento dos libros a través da sorpresa e de diferentes actividades de dinamización que se pecharán coa lectura dun conto.

Para tal, temos preparadas 4 sesións con 10 plazas cada un. Botade un ollo:

  • 11h: 0-12 meses – 10 prazas
  • 12h: 13-24 meses – 10 prazas
  • 17h: 13-24 meses – 10 prazas
  • 18h: 13-24 meses – 10 prazas

A actividade é totalmente gratuíta e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

E xa sabedes que para inscribirvos, tedes aquí o formulario á vosa disposición.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Atenderemos todas as solicitudes por rigurosa orde de entrada. A biblioteca enviará por correo electrónico a confirmación de que tes a túa invitación. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

POST EDITADO: as prazas están cubertas para todos os obradoiros. Enviaremos, en breve, un correo comunicándovos se obtivestes praza ou, pola contra, quedastes na listaxe de espera. 

Advertisements

Posted on Decembro 4, 2013, in 13 a 24 meses, Actividades, Novas and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Aínda non recibin ningunha mensaxe de resposta aínda que onte pola mañá cubrín o formulario. Non sei se houbo algún problema. Solicitei praza para 13-24 ás 12, pero tamén me vale pola tarde se hai prazas.
    Grazas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: