E por iso aprendemos sempre!


“Tod@s nós sabemos algo, tod@s ignoramos algo, por iso aprendemos sempre” Paulo Freire

Crocodilo, crocodilo á túa granxa todos imos… Crocodilo, crocodilo imos imos polo río!!

Na Biblioteca Municipal Ágora seguimos a sumar e xa podemos dicir que damos por rematado o segundo BbEncontro!! Desta volta o noso fío condutor, o Señor Coc, consciente do coñecemento que os peques teñen do mundo animal e de que lles resulta moi motivador e atraente, tomou o mando do seu tractor para invitarnos a pasar o día na súa GRANXA. 

Esceas como a poza, a eira, a corte e o alpendre servíronnos como elementos de xogo, observación e experiencia nun corto pero concreto achegamento ao entorno natural. 

Durante máis de vinte minutos, bebés e familias descubriron xuntos o mundo da lectura, xogaron coa música, mergulláronse na maxia das palabras e descubriron, con moito interese, o mundo que lles rodea…

Lembrade que antes do próximo BbEncontro teredes a oportunidade de desfrutar dunha batería de OBRADOIROS  DE LECTURA PARA BEBÉS. As sesións, da man de Katarsis Educación e Teatro, traballarán o xogo como parte da experiencia lectora e ofrecerán unha actividade didáctica para iniciar aos máis pequenos no mundo da lectura guiados polas súas familias, sen faltar por suposto, unha dinamización cun conto como protagonista.

 

Advertisements

About natalialpz

Bibliotecaria LIX e Mestra esp. Educación Infantil. Positiva, creativa e soñadora.

Posted on Novembro 29, 2013, in 13 a 24 meses, Actividades, Bebencontros Ágora and tagged , , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: