Reparto de entradas para Bebencontro sábado 30 de novembro


Os bebencontros desta semana son:

  • Para bebés de 13 a 24 meses

Sábado 30 de novembro, ás 18.30 horas, na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano (6 prazas)

Montaje Principal

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Atenderemos todas as solicitudes por rigurosa orde de entrada. A biblioteca enviará por correo electrónico a confirmación de que tes a túa invitación. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

POST EDITADO: as prazas están cubertas. Enviaremos, en breve, un correo comunicándovos se obtivestes praza ou, pola contra, quedastes na listaxe de espera. 

E para vos que non podades coller invitación hoxe, o mércores 4 ás 10.00 horas repartiremos as invitacións dunha actividade para bebés de 0 a 24 meses “Taller de lectura para bebés” que terá lugar na Biblioteca Ágora da man de Katarsys Teatro, sábado 14 de decembrocatro obradoiros de lectura para bebés de 0 a 24 meses onde traballaremos o xogo como parte da experiencia lectora e ofreceremos unha actividade didáctica para iniciar aos máis pequenos no mundo da lectura guiados polos seus pais, sen faltar por suposto, unha dinamización cun conto como protagonista.

Cartel Obradoiro de lectura para Bebés

A inscripción para esta actividade se abrirá neste mesmo blog o mércores 4 ás 10.00 horas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: