Caricias con palabras. Bbencontro Os Rosales 16 de novembro


“Un conto é o don do afecto, son caricias con palabras”… e a que todos necesitamos caricias?

Crocodilo. Antonio Rubio Herrero e Óscar Villán. Pontevedra: kalandraka, 2005

Un crocodilo de cor verde protagoniza o xogo de encadeados que se propón dende o texto e a ilustración. Animais orixinais (un crocodilo, un piollo) e elementos distintos (un castelo, un baúl, unha pedra, un tellado) crean divertidas rimas xunto aos nomes das cores. Para os pais máis atrevidos, o libro é un poema que resulta moi axeitado para cantalo cos máis pequenos. Recordade que a poesía unida á música son ideais para cantar, educar o ollo e adozar o oído dos máis pequenos da casa.

“Verde, verde, verde…Verde, verde, verde… O crocodilo que se perde”

 Se vos gusta este conto tamén vos gustará os títulos da colección “Do berce á lúa” dispoñibles todos eles nas bibliotecas municipais.

¡Beso, beso!. Margaret Wild. Bridget Strevens.Caracas: Ekaré, 2004

 “Una mañana Bebé Hipopótamo salió tan apurado en ir a jugar que olvidó darle un beso a su mamá…”

¡Beso, beso!. Bbencontro 16 novembroA familia, unhas veces como protagonista, outras veces como espectador, é un elemento recorrente nos libros para primeiros lectores. É así porque o neno se identifica doadamente co ámbito familiar que describen os contos. Unha orixinal forma de manifestar os sentimentos. Compartide este conto con todos os que queredes.

Vémonos de novo o próximo sábado 21 de decembro en Os Rosales. Ata entón, deixámosvos cunha das cancións populares infantís máis coñecidas que inspirou numerosas versións e que gozamos xuntos o pasado sábado no Bbencontro.


Non esquezades que o fogar é o mellor lugar para fomentar o gusto pola lectura.

Para ver máis imaxes do Bbencontro pinchade aquí.

Advertisements

Posted on Novembro 23, 2013, in A bebeteca recomenda, Actividades, Bebencontros Os Rosales and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Nos gustó mucho el Bbencontro, era el primero al que por fin!p pudimos ir.
    Deciros que Valeria se sabe el cuento de Verde verde verde y le encanta la canción de los dedos de las manos.
    También nos llevamos un BBlote con el que nos divertimos mucho y que ella siempre coge cuando llega a casa de la guardería.
    Pena que tenga 25 meses ahora y no podamos asistir a ninguno más 😦 con lo bien que lo pasamos….

    Un saludo e invito a todos a que si pueden, vayan con sus pequeños.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: