Reparto de entradas para os Bebencontros do xoves 21 e sábado 23 de novembro


Os bebencontros desta semana son:

  • Para bebés de 0 a 12 meses

Xoves 21 de novembro, ás 18 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas)

Sábado 23 de novembro, ás 11.30 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas)

  • Para bebés de 13 a 24 meses

Sábado 23 de novembro, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Ágora (10 prazas)

DSC_0147

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Atenderemos todas as solicitudes por rigurosa orde de entrada. A biblioteca enviará por correo electrónico a confirmación de que tes a túa invitación. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

POST EDITADO: as prazas están cubertas. Enviaremos, en breve, un correo comunicándovos se obtivestes praza ou, pola contra, quedastes na listaxe de espera.

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

Advertisements

Posted on Novembro 18, 2013, in Bebencontros Ágora, Bebencontros Infantil e Xuvenil and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Hola quero solicitar praza para o sábado 23 as18:00

    Saludos

  2. Bibliotecas Municipais da Coruña

    Ola Fátima. Acabamos de cerrar o formulario (que levaba aberto desde as 10 horas) porque xa se esgotaron as prazas e temos suplentes suficientes para todas as sesións. O luns próximo volveremos habilitar outro para asistir ao bebencontro do Fórum Metropolitano para bebés de 13 a 24 meses

  3. Queria facer unha suxerencia: que os nenos que xa foron a un bebencontro non repitan nas próximas convocatorias de forma que outros nenos poidan tamen disfrutar deles. Xa intentei en varias ocasións (este ano e o pasado) facer unha reserva de praza e sempre estaban esgotadas.

    • Bibliotecas Municipais da Coruña

      Ola Antía, graciñas polo teu comentario. Nestes momentos estamos valorando nun grupo de traballo estas e outras opcións que nos estades plantexando. Informaremosvos en canto podamos decirvos algo mais ao respecto. E animamosvos a que sigades enviandonos as vosas suxestións para poder melloras os nosos servicios e actividades.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: