Xa están aquí os Bbencontros para nenos de 13 a 24 meses!


O pasado xoves na Biblioteca Municipal  Infantil e Xuvenil tivemos o noso primeiro bbencontro con nenos e nenas de 13 a 24 meses.
Gozamos todos xuntos: Claudia, Clara, André, Iago, Xiana, Sergio, Sabela, Sofía, Hadrián, Adela e as súas mamás, papás e algúns avós e avoas.

¿Qué esconde el pequeño Edu?Coñecemos ao pequeno Edu co libro ” ¿Qué esconde el pequeño Edu? ” de Linne Bie, quen nos descubriu todas as partes da nosa cara. Con Edu aprendemos que hai cabezas redondas, ovaladas…. que as orellas oen todo, que nos pode picar o nariz…

Ademais aprendemos novas cancións, que a cara é o espello da alma e podemos mostrar aos demais o que sentimos coas nosas expresións faciais, puxemos cara de pirata e de susto.

Xa nos tarda volver reunirnos todos xuntos e descubrir novas cousas no noso recuncho da biblioteca.

Se queredes comprobar o ben que o pasamos só tedes que pasarvos polo Flickr das Bibliotecas Municipais.

Agardámosvos nas seguintes sesións!

Advertisements

3 thoughts on “Xa están aquí os Bbencontros para nenos de 13 a 24 meses!

Add yours

  1. Grazas Hadrián!!!, Grazas Xiana!! por compartir con nós e co pequeno Edu unha tarde contiños e cancións. Esperámosvos no vindeiro bebencontro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: