Asi foi o Bebencontro 13-24 meses: “Somos Morados” na Biblioteca Forum Metropolitano


Bbencontro 13-24 meses

Comezamos os Bebencontros para os pequenos de 13 a 24 meses,  na Sala Infantil da Biblioteca Forum Metropolitano. Nesta ocasión estiveron con nós na Bebeteca: Luis, Inés, Telmo, Leo, Martín, Bruno e as súas familias.

Que esconde el pequeño Edu

Coñecimos ao Pequeno Edu, que nos amosou as partes da cara co libro “Qué esconde el pequeño Edu” de Linne Bie. Edu “xogou” cos pequenos escondendo a cabeza, os ollos, o nariz, a boca, as orellas e finalmente as súas mans e entre todos tivemos que descubrilas.

Caritas divertidas

Da man de Nicola Smee co conto “Caritas Divertidas“, os pequenos descubriron que, coas súas caras, poden expresar sentimentos de felicidade,  preocupación, medo, sorpresa, etc.

Alguén sabe como soa un nariz? Os nenos que viñeron o pasado sábado á Bebeteca sábenno perfectamente sobre todo se se trata dun boneco de neve, dun paiaso, unha bruxa, e demais personaxes que aparecen no conto “Caras Chistosas” de Kath Smith.

Por suposto non faltaron as cancións que nos acompañan sempre en todas as sesións. Algunhas  permitironnos facer novos amigos e outras, como non, descubrir as partes da nosa cara.

Bblotes

Houbo unha sorpresa final (“A Saca de Beba”) na que a nosa mascota nos deixou contos para coñecer na Biblioteca e tamén desfrutar na casa en familia . Os pequenos levaron prestados os Bblotes que Beba escolleu para cada un deles.

Se queredes ver o ben que o pasamos, visitade a nosa galería fotográfica no flickr das Bibliotecas Municipales.

Advertisements

Posted on Novembro 6, 2013, in 13 a 24 meses, Bebencontros Forum and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: