Reparto de entradas para o Bbencontro do xoves 7 de novembro


Os bebencontros desta semana son:

  • Para bebés de 13 a 24 meses

Xoves 7 de novembro, ás 18.00 horas, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (10 prazas)

Bebes nas actividades das Bebetecas das Bibliotecas Municipais da Coruña

Os encontros son totalmente gratuítos e, ademais, sendo socios das nosas bibliotecas poderedes levar en préstamo os bebelotes ou calquera outro material. Se aínda non o es cubre este formulario e teremos o teu carné listo para cando chegues, e tamén de balde.

A totalidade de entradas para os bebencontros repartiranse a través deste blog. Se non es moi habilidoso nestas novas ferramentas pásate por calquera das nosas bibliotecas e farémolo por ti.

Antes de introducir ningún dato, por favor, recorda que isto só é unha preinscrición que non asegura a obtención de praza. Atenderemos todas as solicitudes por rigurosa orde de entrada. A biblioteca enviará por correo electrónico a confirmación de que tes a túa invitación. Cubride este formulario tan pronto como poidades e, se tedes praza, porémonos en contacto convosco.

Por favor, se non queres que o teu bebé, ou ti mesmo, saia nas fotografías e vídeos que tomamos no transcurso da actividade para a difusión deste e doutros programas e servizos, fáinolo saber na biblioteca á que asistas.

POST EDITADO: XA NON QUEDAN PRAZAS PARA OS BEBENCONTROS DA BIBLIOTECA INFANTIL E XUVENIL

Advertisements

Posted on Novembro 4, 2013, in 13 a 24 meses, Bebencontros Infantil e Xuvenil and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: